Esta fin de semana o Cine Club trae a película española Uno para todos, estreada este verán con éxito de crítica e público e ambientada no mundo escolar. Dirixida por David Ilundain (que se diu a coñecer con B), está protagonizada por David Verdaguer e un grupo de rapaces e rapazas.
Os pases serán o venres ás 20:00 horas e o domingo ás 19:00 horas no auditorio municipal Manuel María, con un aforo de 60 persoas por pase.