logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
  • Subvención PERTE da auga
✕
A ínsua dos poetas ofrece este sábado o concerto de Milladoiro polo seu 40 aniversario coa entrada libre ata completar aforo
27 Novembro, 2020
Ábrese o 1 de decembro o prazo para solicitar a instalación de terrazas para a tempada anual 2021
30 Novembro, 2020

O concello promociona a festa do pulpo no evento gastronómico pulpo pasión Madrid 2020

30 Novembro, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

O concello promociona a festa do pulpo no evento gastronómico pulpo pasión Madrid 2020



O concello promociona a festa do pulpo no evento gastronómico pulpo pasión Madrid 2020

Pulpo Pasión Madrid 2020 celebra este ano a súa quinta edición, do 11 ao 20 de decembro. É unha cita xa consolidada entre os eventos gastronómicos da capital de España, organizada pola empresa especializada en comunicación e eventos gastronómicos Nacho Sandoval, con gran repercusión en medios de comunicación e páxinas web de gastronomía e restauración.

Por iso o Concello do Carballiño, a través da concellería de Turismo, colabora achegando un lote de pratos de madeira promocionando a Festa do Pulpo, que se sortearán, xunto a botellas de viño, entre as persoas participantes no roteiro gastronómico, compartindo as súas fotos nas redes sociais, e os gañadores do concurso o Mellor Pulpo de Madrid en categoría tradicional, vangarda, e a mellor maridaxe en Madrid.

Non é a primeira vez que o concello colabora con esta iniciativa, pois hai tres anos xa o fixo facilitando o prato co que se elaborou a primeira tapa xigante de pulpo no Carballiño, de 2,20 m de diámetro, para elaborar a tapa de pulpo máis grande de Madrid.

Así mesmo, Nacho Sandoval ten acudido en diversas ocasións á Festa do Pulpo do Carballiño, e promociona cada ano a través das súas redes sociais este evento.

Share

Entradas relacionadas

20 Agosto, 2026

Feira do Stock días 21, 22 e 23 de agosto 2026


Saber máis
18 Agosto, 2026

Bando de limitacións e usos responsables da auga


Saber máis
8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD