logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
  • Subvención PERTE da auga
✕
Máis de 200 nenos e nenas inscribíronse en 24 horas na iniciativa do concello para poder conversar con Papá Noel e cos Reis Magos por videoconferencia.
26 Novembro, 2020
O concello retoma a feira o próximo luns, 30 de novembro, ampliando os espazos para ubicar os postos e garantir o cumprimento das medidas sanitarias de separación e seguridade
27 Novembro, 2020

Suspendida a taxa de terrazas e postos de pulpeiras ata finais do 2021

26 Novembro, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

SUSPENDIDA A TAXA DE TERRAZAS E POSTOS DE PULPEIRAS ATA FINAIS DO 2021



Suspendida a taxa de terrazas e postos de pulpeiras ata finais do 2021

A Corporación de Carballiño aprobou no pleno desta mañá a modificación de dúas ordenanzas fiscais mediante as que se suspenderá a cobranza de taxas ata o 31 de decembro de 2021 pola ocupación da vía pública. Desta medida beneficiaranse os hostaleiros, que quedarán exentos de pagar pola ocupación con tarimas e terrazas, e tamén as pulpeiras pola instalación de caldeiras. Así mesmo, beneficiará aos postos de venda ambulante, espectáculos, atraccións ou actividades de recreo, así como industrias da rúa ou rodaxes cinematográficos. O Concello deixará de ingresar por este concepto sobre 30.000 euros. A exención destas taxas non se aplicará durante as celebracións da Festa do Polbo e Festas do San Cibrao, cuxos postos, xa sexa barracas ou de venda, deberán abonar o prezo correspondente.

A Corporación tamén aprobou o convenio co Concello de Maside e Chan Empresarial do Atlántico para poñer en marcha o proxecto de ampliación da área industrial. O obxectivo é tramitar a inclusión no plan de áreas industriais de Galicia para proceder a elaborar un proxecto sectorial.

Ademais, aprobouse unha moción de Espazo Común para instar ao Sergas para repoñer o Centro de Orientación Familiar. Con todo, outra moción deste grupo reclamando ao goberno local a contratación de obras na vila foi retirada, co compromiso de que efectivamente o concello priorice as compras no Carballiño.

Finalmente, aprobouse unha moción do BNG sobre o Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres.



Share

Entradas relacionadas

20 Agosto, 2026

Feira do Stock días 21, 22 e 23 de agosto 2026


Saber máis
18 Agosto, 2026

Bando de limitacións e usos responsables da auga


Saber máis
8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD