logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
  • Subvención PERTE da auga
✕
A compañía arxentina Bola 8 representa este sábado, 6 de abril, no auditorio municipal unha obra infantil
3 Abril, 2024
Teatro infantil e familiar este domingo no auditorio coa obra “A nena que vivía nunha caixa de mistos”.
5 Abril, 2024

A localidade italiana de Noventa Padovana propón o irmanamento da súa Fiera del Polpo coa Festa do Pulpo do Carballiño

4 Abril, 2024
Categorías
  • Concello
  • Cultura
Etiquetas
📍A proposta produciuse hai unhas semanas, cando as autoridades locais deste municipio do norte de Italia puxéronse en contacto co concello do Carballiño para irmanar ambas
localidades que comparten a celebración de dúas feiras gastronómico-culturais semellantes,
como son a Fiera del Polpo e a Festa do Pulpo.
📍Por este motivo, o pasado martes, o concelleiro de Comercio e Feira de Padovana, Davide Lafelice, e o concelleiro de Turismo carballiñés, Manuel Dacal, así como coa presencia do
alcalde, Francisco Fumega, mantiveron unha conversa a través dunha videoconferencia co obxectivo de perfilar os detalles desta proposta, que foi moi ben acollida no consistorio
carballiñés, xa que se interpreta como unha boa oportunidade para potenciar o carácter
internacional e turístico da Festa do Pulpo.
📍Na mesma acordaron intercambiar información para formalizar o irmanamento, así como realizar sendas visitas ás respectivas localidades durante ambas celebracións turísticas. Así, o
concelleiro de Noventa Padovana comprometeuse a viaxar ao Carballiño na próxima Festa do
Pulpo en agosto, concretamente o día da celebración da Tapa Xigante, que lle chamou moito a atención, e o concelleiro carballiñés visitará a Fiera del Polpo de Noventa Padovana no mes de outubro, que é cando se celebra.
📍Noventa Padovana tén 10.820 habitantes e atópase a 9,5 km de Padua, capital da provincia, e
a 36,3 km de Venecia. A súa fiera del Polpo é unha celebración gastronómico-cultural semellante á que tén lugar no Carballiño, cunha vertente gastronómica e outra lúdica e
cultural, con atraccións e espectáculos musicais. A única diferencia reside no xeito de
preparación do pulpo, que non coincide coa do pulpo á feira do Carballiño.
📍Por parte das autoridades carballiñesas levantouse acta desta primeira xuntanza telemática co
obxectivo de avanzar na tramitación do proceso de irmanamento coa localidade italiana.
Share

Entradas relacionadas

20 Agosto, 2026

Feira do Stock días 21, 22 e 23 de agosto 2026


Saber máis
18 Agosto, 2026

Bando de limitacións e usos responsables da auga


Saber máis
8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • Non hai tradución dispoñible para esta páxina