logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
✕
O concello remite á veciñanza unha carta do alcalde para promover o empadronamento, lembrar as boas prácticas no uso dos servizos públicos e facilitar os teléfonos daqueles servizos máis solicitado
16 Abril, 2024
150 profesionais de Traballo Social celebrarán a Escola de Verán no Carballiño
21 Abril, 2024

Ibuprofeno Teatro trae o rock and roll ao Carballiño coa obra ‘Smoke on the water’

18 Abril, 2024
Categorías
  • Concello
Etiquetas
• A función será o 28 de abril ás 19:30 horas no Auditorio Manuel María.
• ‘Smoke on the water’ é unha traxicomedia sórdida con música en directo que protagonizan
Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Rios, María Costas e Mon Orencio
• Santiago Cortegoso dirixe e escribe o texto polo que recibiu o Premio Mome Varela Buxán
2013
Ibuprofeno Teatro presenta o vindeiro 28 de abril ás 18,30 horas ‘Smoke on the water’ no
Auditorio Manuel María do Carballiño. A obra, que toma o seu título do mítico tema da banda
inglesa Deep Purple, é unha traxicomedia sórdida con música en directo ambientada no
universo do rock dos 70 e foi galardoada con dous premios María Casares (mellor actor
protagonista para Josito Porto e mellor espazo sonoro para Mon Orencio).
O texto de Santiago Cortegoso, quen asina tamén a dirección, recibiu o Premio Mome Varela Buxán de textos teatrais no 2013 e está editado por Positivas, nun único volume xunto ao
último texto de Cortegoso ‘O mel non caduca’. En escena Josito Porto, Belén Constenla, Adrián
Rios e María Costas dan vida a uns personaxes fracasados e maltratados pola vida.
Acompáñaos no escenario o músico Mon Orencio que se encarga tamén do espazo sonoro.
Salvador del Río no deseño de iluminación, Pablo Giráldez ‘O Pastor’ no deseño do espazo
escénico, Marián Bañobre no deseño de vestiario, Baia Fernández na caracterización e Carmela
Bueno na axudantía de dirección e movemento escénico completan o equipo artístico.
A proposta escénica móvese entre un concerto de rock e o interior dunha casa, entre a realidade e o imaxinado, entre o que é e o que puido ser. O fracaso, a ferocidade do
capitalismo cos individuos menos produtivos, a identidade do individuo fronte á sociedade, a
filosofía ou o amor están presentes a través das relacións entre personaxes complexos e
atrapados, que non están onde queren estar pero tampouco son quen de moverse.
Share

Entradas relacionadas

6 Xuño, 2025

CMUS – Información sobre as probas de acceso


Saber máis
29 Maio, 2025

Anótate ó CMUS / ESMU 2025-2026


Saber máis
24 Abril, 2025

Divertiño 2025 – prazo de inscrición


Saber máis

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • Non hai tradución dispoñible para esta páxina