logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
✕
Espectáculo teatral “Misaclown”
13 Abril, 2024
Ibuprofeno Teatro trae o rock and roll ao Carballiño coa obra ‘Smoke on the water’
18 Abril, 2024

O concello remite á veciñanza unha carta do alcalde para promover o empadronamento, lembrar as boas prácticas no uso dos servizos públicos e facilitar os teléfonos daqueles servizos máis solicitado

16 Abril, 2024
Categorías
  • Concello
Etiquetas
Estimad@ veciñ@:
Os últimos anos foron moi convulsos, a pandemia e a crise económica supuxeron un esforzo importante para o noso pobo. A pesar de todo iso,
podemos dicir que afrontamos o futuro con grande ilusión. Temos por diante moitos retos que xunt@s seremos capaces de afrontar: a ampliación de 1.500.000 metros cadrados do novo polígono industrial, o novo centro de saúde e a necesidade de cubrir as diferentes especialidades, a creación do primeiro viveiro de empresas, a continuación do plan de renovación a LED da iluminación pública, o plan de melloras de infraestructuras da vila e do rural, ou a mellora dos servizos municipais en xeral.
Por estes motivos, que precisan dunha resposta conxunta, solicitamos o apoio da cidadanía para afrontar outros retos que dependen exclusivamente de nós mesmos, como o cumprimento das ordenanzas municipais ou a necesidade de que tod@s esteamos empadroados na vila, pois é a mellor forma de obter maiores recursos para poder prestar servizos con maior cobertura, tanto a nivel municipal como os que dependen doutras administracións (especialistas médicos, ambulancia, seguridade…).
A continuación recordamos unha serie de boas prácticas para un Carballiño mellor, no que unha pequena parte recorre nun incumprimento sistemático:
– O horario para tirar o lixo é dende as 20.00h ata as 7.00h.
– É obxecto de sanción tirar o lixo nas papeleiras.
– Está prohibido e será sancionado ensuciar a beirarrúa con feces de animais domésticos.
-Recordamos a prohibición de dar de comer na rúa a animais como pombas e gatos, pois supón un problema importante para a convivencia e a natureza.
Asemade, recordamos tamén o compromiso e a responsabilidade que supoñen os animais domésticos, o benestar animal debe ser
unha prioridade.
-Na actualidade existe un servizo de recollida de voluminosos mediante aviso previo, chamando ó número de teléfono do concello 988 530007  (Área de Medio Ambiente), de luns a xoves de 08.30 a 14.30 horas.
– Somos unha sociedade comprometida coa sostibilidade e o medio ambiente, por iso facemos un chamamento para a compostaxe doméstica e a reciclaxe dos diferentes materiais (cartón, plástico, vidro…)
– Con carácter xeral, seguindo a lei, non poderá haber especies como piñeiros, eucaliptos ou acacias, entre outras, nunha franxa perimetral de50m ao solo urbano ou de núcleo rural. Os incendios forestais poñen en risco vidas e o patrimonio.
– Existe unha normativa urbanística respecto ás edificacións ruinosas que supón unha sanción por poñer en risco ó resto da cidadanía.
– Existe unha normativa municipal que prohibe a colocación de cartelería en espazos públicos non autorizados.
-Nos últimos anos proliferan vertedoiros incontrolados no monte que supoñen un serio risco para o medioambiente e conlevan unha importante sanción.
– Protección Civil e outros colectivos como Cáritas, a Sociedade de san Vicente de Paul ou Cruz Vermella, prestan un servizo esencial para a cidadanía, asemade a nivel profesional os voluntarios teñen unha serie de beneficios que incentivan a participación na vida pública.
SÚMATE Ó VOLUNTARIADO.
– Por compromiso co medio ambiente, a mobilidade, a saúde e a economía local, recordamos a importancia de non utilizar os vehículos cando non é necesario, ó igual que facer uso dos garaxes.
– Se es vítima de violencia de xénero chama inmediatamente ó número de teléfono 016, non o dubides, non estás soa. ( Non queda no rexistro de chamadas)
Por outra banda, o simple feito de estar empadroad@, supón un importante beneficio para tod@s. Dende os especialistas sanitarios ou o resto de servizos que prestan as diferentes administracións, ou o propio financiamento do concello para poder asumir as múltiples competencias ou servizos prestados, depende directamente do número de persoas EMPADROADAS que ten o concello, un compromiso de tod@s. Ademais, os empadroados contan cos seguintes beneficios:
– O conservatorio, financiado maioritariamente polo Concello do Carballiño e que presenta un déficit importante en canto á recadación, con prazas limitadas, terá un primeiro prazo de matrícula para empadroados e un segundo para público en xeral.
– O servizo de conciliación Bo Día Familia e o Divertiño é exclusivo para familias da vila.
– O programa de axudas para libros e material escolar, dende primaria ata educación secundaria, será destinado a familias empadroadas.
– A xestión para maiores do programa de natación, xantar sobre rodas, termalismo ou mesmo a alta na tarxeta de discapaciadade para vehículos será exclusivamente para veciñ@s empadroados.
– Os inmigrantes que precisen obter os diferentes informes, como o de arraigo ou vivenda, necesariamente precisarán estar no padrón municipal.
– Será un requisito imprescindible estar empadroado para tramitar unha axuda de emerxencia social, do servizo de axuda a domicilio ou de libre concorrencia.
Por isto e moito máis, XUNT@s somos MÁiS¡

A continuación, recordamos unha serie de números de teléfono que son de interese para a cidadanía:
112 Centro de atención de emerxencias (Incendios, accidentes…)
061 Servizo de urxencias e emerxencias sanitarias.
016 Teléfono para a violencia de xénero.
012 Para permisos de queima e cortas de madeira, avisos de niños de velutina ou trámites ca administración autonómica.
988271816 Centro de saúde.
988270092 Garda Civil Carballiño.
988530006 Policía local.
988270007 Central taxis Carballiño.
988530007 Para a recollida de voluminosos.

Francisco J.
Fumega Piñeiro
No Carballiño, a 16 de abril de 2024
Share

Entradas relacionadas

8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
Parte da portada do bando de minibares da festa do pulpo 2026
12 Xuño, 2026

Bando sorteo dos postos de minibar no Parque Municipal na Festa do Pulpo


Saber máis
4 Maio, 2026

Divertiño 2026 – prazo de inscrición


Saber máis

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • Non hai tradución dispoñible para esta páxina