logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
✕
Aberta no Templo da Veracruz a exposición “Os Cristos do Lume”, do escultor e artesán masidao Alberto Fernández
26 Marzo, 2024
O Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba visitará o domingo diversos enclaves do patrimonio cultural da comarca do CarballiñoO Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba
2 Abril, 2024

Teatro infantil e familiar o próximo domingo no auditorio municipal

1 Abril, 2024
Categorías
  • Concello
Etiquetas
✅Abril comeza a programación cultural cunha obra de teatro infantil e familiar a partir dos 4
anos: “A NENA QUE VIVÍA NUNHA CAIXA DE MISTOS”, de CARAMUXO S.C.
➡️Será o próximo
domingo, 7 ás 18.00 h no Auditorio Municipal Manuel María. Tén unha duración de 40 minutos e o custo da entrada é de 3.50€. O espectáculo forma parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
📍SINOPSE
A nena que vivía nunha caixa de mistos” é a terceira parte da triloxía sobre os contos populares, que comezou con “As fabas máxicas”, continuou con “Feo” (Premio María Casares a
mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo. A nova proposta de Caramuxo
teatro está inspirada no conto “A vendedora de mistos” de Hans Chistian Ándersen. Un espectáculo cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como
temática a pobreza infantil. Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro cunha gran caixa de mistos, a casa onde pasa a noite. Pola mañá sae pola vila para vender mistos a quen os necesite, no día a día coñece un ganso e unha gata que mudarán a súa vida para sempre.
📍Ficha artística
• Autor: Laura Sarasola e Juan Rodríguez.
• Dirección: Juan Rodríguez
• Adaptación: Juan Rodríguez e Laura Sarasola
• Escenografía: Caramuxo teatro e Juan Ares
• Deseño son: Alma Sarasola e Fernando Román
• Deseño iluminación: Suso Jalda
• Vestiario: Diego Valeiras
• Música: Alma Sarasola e Fernando Román
• Coreografía: Laura Sarasola
• Elenco artístico:
Laura Sarasola , Juan Rodríguez (manipulación monicreques) e Fernando Román (música en
directo)
➡️Traxectoria da compañía.
Caramuxo Teatro é unha compañía de Teatro Infantil e familiar nada na Coruña no 2003
formada por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. No 2005 estrean Glub, Glub, o que foi no seu
momento o primeiro espectáculo de teatro para bebés producido en Galicia. Actualmente,
ademais de traballar nunha liña específica para bebés,co espectáculo “Zapatos” e “Na casa”
(recomendados pola Red Nacional de Teatros) ten en carteleira espectáculos para o público infantil e familiar. Dende os inicios mesturan diferentes técnicas, teatro de actor, monicreques,
danza… producindo espectáculos como “Mensaxe sen botella” , “Lazarillo”, “Animaliños”, “Os
Bolechas”, “Zapatos” e “Feo!” (Premio María Casares), entre outros. A liña de traballo céntrase
nuns textos elaborados a partir da nosa experiencia no eido educativo, unha estética coidada e unha escolla musical axeitada de modo que o resultado sexa un traballo poético emotivo e visual para desfrutar en familia.
Share

Entradas relacionadas

8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
Parte da portada do bando de minibares da festa do pulpo 2026
12 Xuño, 2026

Bando sorteo dos postos de minibar no Parque Municipal na Festa do Pulpo


Saber máis
4 Maio, 2026

Divertiño 2026 – prazo de inscrición


Saber máis
LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • Non hai tradución dispoñible para esta páxina