logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
✕
Obradoiro de lectura e escritura poéticas na Libraría Escolma.
18 Xuño, 2024
Plan de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 (AGADER)
20 Novembro, 2024

Acto de presentación pública do libro de homenaxe ao doutor Luis Rodríguez Míguez, este venres, 21 de xuño ás 19,30 h, no salón de plenos do concello do Carballiño.

18 Xuño, 2024
Categorías
  • Concello
  • Cultura
Etiquetas

📌O Centro de Estudios Chamoso Lamas e o Concello do

Carballiño presentan nun acto aberto ao público no salón de plenos do concello este próximo

venres, 21 de xuño, ás 19,30 h, o libro “AQUE VITAE. Homenaxe ao doutor Luis Rodríguez

Míguez”, nunha edición promovida polo colectivo cultural carballiñés e editada polo concello do Carballiño.

✔️Ao acto asistirán Mariluz Villar e Alejandra Juno Rodríguez Villar, viúva e filla, respectivamente,

do doutor Míguez, así como o alcalde da vila, Francisco Fumega, e integrantes do Centro de

Estudios Chamoso Lamas, ao que pertenceu o gran valedor do termalismo galego e carballiñés,

considerado o “pai do termalismo contemporáneo”.

✔️Luis Rodríguez Míguez, nado en Santiago no ano 1932 e finado en Ourense no ano 2016, foi un

referente do estudo e a posta en valor do termalismo galego e en especial do Carballiño,

promovendo durante moitos anos na vila os Cursos de Hidroloxía Médica así como o Instituto

Termal de Galicia, que nunca chegou a fructificar. Por todo isto, recibiu en vida a Medalla de Ouro do Carballiño e diversos premios e recoñecementos, desde a Facultade de Ciencias do

Campus de Ourense ate a Real Academia de Mediciña e Ciruxía de Galicia, e a título póstumo a

Medalla de Ouro da Deputación Provincial de Ourense.

✔️A edición da obra colectiva “Aqua Vitae. Homenaxe ao doutor Luis Rodríguez Míguez” correu

a cargo do concello do Carballiño, sendo promovida polo presidente do Centro de Estudios

Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, e coordinada polo historiador Juan Manuel Rodríguez.

✔️Aqua vitae. Homenaxe ao doutor Luís Rodríguez Míguez é un volumen que conta con

colaboracións sobre termalismo, arquitectura, natureza, controles das augas balnearias e outros aspectos. Tamén reproduce o primeiro pregón da Festa da Cachucha e se recupera a

faceta literaria do doutor Míguez, nunha colaboración asinada pola súa filla Alejandra Juno Rodríguez Villar.

✔️Entre outros autores, o libro conta coa colaboración de Manuel Gallego Jorreto, Miguel Ángel García Pérez, Pedro A. Araújo Nespereira, Xosé L. Sobrado Pérez, María José Pérez Álvarez e

Luis Alfonso Rodríguez López, Rosa María Ricoy Casas, Mª Beatriz Vaquero Díaz, Juan Ignacio

García García, Francisco X. Fumega Piñeiro e Óscar Gonfer. Tamén se reproduce un extracto do

discurso pronunciado por José Manuel Baltar na entrega da Medalla de Ouro da Provincia de Ourense a título póstumo.

✔️A publicación inclúe ademais obras dos artistas Zeta, Xesús Carballido e María José González e

un amplo apartado fotográfico no que se incorporan desde imaxes dos balnearios do

Carballiño a actos institucionais nos que participou o homenaxeado ao longo da súa vida ou da súa actividade familiar.

Share

Entradas relacionadas

6 Xuño, 2025

CMUS – Información sobre as probas de acceso


Saber máis
29 Maio, 2025

Anótate ó CMUS / ESMU 2025-2026


Saber máis
24 Abril, 2025

Divertiño 2025 – prazo de inscrición


Saber máis

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD