logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
  • Subvención PERTE da auga
✕
Bo día familia 2026 – prazo de inscrición
1 Marzo, 2026
Entroido
O Entroido do Carballiño medra en participación e impacto económico
27 Marzo, 2026

O club de produto Polbo con Orixe impulsa a creación de experiencias turísticas no Carballiño

27 Marzo, 2026
Categorías
  • Concello
  • Turismo
Etiquetas
  • turismo
Club de produto Polbo con Orixe

O Carballiño acolleu unha nova sesión de traballo do club de produto “Polbo con Orixe”, na que participaron representantes do ámbito empresarial e asociativo da vila e da súa contorna, reafirmando o seu compromiso co desenvolvemento turístico do destino.

A cuarta mesa participativa, celebrada o pasado luns 23 de marzo, centrouse no deseño e desenvolvemento de experiencias turísticas a partir dos recursos e activos propios do territorio. A sesión tivo como obxectivo fomentar o traballo colaborativo e a xeración de propostas con identidade, capaces de responder ás demandas actuais do mercado turístico.

Durante a xornada, desenvolvida cun enfoque práctico, as persoas participantes compartiron coñecemento, identificaron oportunidades e avanzaron na definición de produtos turísticos vinculados á identidade local, especialmente arredor dun dos elementos máis representativos do Carballiño: o polbo.

Esta iniciativa forma parte da posta en marcha do club de produto “Polbo con Orixe”, que busca implicar activamente ao tecido empresarial e asociativo na construción dunha oferta turística estruturada, competitiva e diferenciada. Así mesmo, este tipo de sesións permiten dar a coñecer os servizos e ferramentas que o club ofrecerá ás entidades e empresas adheridas.

O club de produto “Polbo con Orixe” desenvólvese ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “O Carballiño e a gastronomía do polbo”, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, o Ministerio de Industria e Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

As entidades e empresas interesadas en formar parte do club poden solicitar máis información a través do correo electrónico clubdeproducto@carballino.gal ou na páxina web www.pulpoconorigen.com.

Share

Entradas relacionadas

20 Agosto, 2026

Feira do Stock días 21, 22 e 23 de agosto 2026


Saber máis
18 Agosto, 2026

Bando de limitacións e usos responsables da auga


Saber máis
8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD