logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
✕
Iluminación do Templo de Veracruz
1 millón de euros para impulsar o turismo sostible no Carballiño
6 Abril, 2026
Imaxe do cauce dun río
O Carballiño avanza na recuperación dos seus espazos naturais e na mellora da accesibilidade turística
14 Abril, 2026

O Concello aposta pola dixitalización para reforzar o seu posicionamento como destino turístico

9 Abril, 2026
Categorías
  • Concello
  • Turismo
Etiquetas
  • turismo
Cambios na páxina
  • O Carballiño impulsa a súa transformación dixital coa renovación da comunicación dixital e a implantación de sinalización interactiva para mellorar a experiencia visitante

O Concello continúa avanzando na execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “O Carballiño e a gastronomía do polbo”, cun conxunto de actuacións centradas na dixitalización, a innovación e a mellora da experiencia turística.

Este bloque de actuacións forma parte do investimento global de 1.000.000 de euros financiados pola Unión Europea – NextGenerationEU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, coa participación do Ministerio de Industria e Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia.

Entre as actuacións máis destacadas atópase o desenvolvemento dunha nova estratexia de comunicación dixital, orientada a reforzar o posicionamento do Carballiño como destino turístico sostible, innovador e competitivo.

Esta estratexia inclúe a definición dunha nova imaxe de destino, a actualización da páxina web turística e a produción de contidos audiovisuais adaptados ás novas formas de consumo, co obxectivo de mellorar a visibilidade do municipio e atraer novos públicos. Ademais, estanse a incorporar ferramentas innovadoras como a gamificación e os contidos interactivos, que permiten ofrecer experiencias máis dinámicas e participativas ás persoas visitantes.

No ámbito da innovación, está prevista a implantación dun sistema de sinalización turística intelixente, cun investimento de 75.505,93 euros. Este sistema permitirá acceder a información interactiva en varios idiomas a través de tótems e pantallas dixitais, facilitando a interpretación do patrimonio e mellorando a experiencia global das persoas visitantes.

A incorporación destas solucións tecnolóxicas supón un paso adiante na modernización do destino, integrando a dixitalización como eixo clave da súa estratexia turística.

O conxunto destas actuacións responde á necesidade de adaptar a oferta turística ás novas demandas do sector, caracterizadas por un maior uso da tecnoloxía, a busca de experiencias personalizadas e o acceso inmediato á información.

O Concello aposta por un modelo turístico que combina identidade local, innovación e proxección exterior, que reforce a súa capacidade para competir nun contexto cada vez máis dixitalizado.

Share

Entradas relacionadas

8 Xullo, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal


Saber máis
Parte da portada do bando de minibares da festa do pulpo 2026
12 Xuño, 2026

Bando sorteo dos postos de minibar no Parque Municipal na Festa do Pulpo


Saber máis
4 Maio, 2026

Divertiño 2026 – prazo de inscrición


Saber máis

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD