logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90logo concello aprob 30-05-24 90×90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
      • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
    • Teléfonos
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Chatbot
✕
Parte da portada do bando de minibares da festa do pulpo 2026
Bando sorteo dos postos de minibar no Parque Municipal na Festa do Pulpo
12 Xuño, 2026

Bando sobre uso responsable do Parque Municipal

8 Xullo, 2026
Categorías
  • Concello
Etiquetas

BANDO
USO RESPONSABLE DO PARQUE MUNICIPAL
O Parque Municipal é un dos espazos públicos máis emblemáticos e utilizados da nosa vila. Trátase dun lugar de encontro, lecer e convivencia que pertence a toda a veciñanza, polo que a súa conservación e coidado é unha responsabilidade compartida.
Co obxectivo de garantir o seu correcto uso e preservar o seu estado, desde a Concellería de Medio Ambiente e Termalismo, infórmase do seguinte:

  1. Comunicación previa de festas e eventos
    A organización de festas, celebracións, reunións numerosas ou calquera outro tipo de actividade no Parque Municipal deberá ser comunicada previamente ao Concello.
    Esta comunicación permitirá coordinar adecuadamente o uso do espazo, evitar coincidencias entre actividades, facilitar a actuación dos servizos municipais cando sexa preciso e, no caso de producirse danos no mobiliario, nas zonas verdes ou nas instalacións, determinar as correspondentes responsabilidades.
  2. Prohibición de acceso de vehículos
    Recentemente instaláronse bolardos nos accesos ao Parque Municipal co fin de reforzar a seguridade e protexer este espazo público.
    Lémbrase que o acceso de vehículos ao interior do parque xa estaba prohibido, agás nos supostos expresamente autorizados polo Concello ou por razóns de emerxencia ou servizos públicos. Solicítase á cidadanía que respecte esta limitación e non retire nin manipule os elementos de protección instalados.
  3. Respecto polos espazos públicos
    O Concello lembra que continúa plenamente vixente a Ordenanza de Boas Prácticas Veciñais e Seguranza Cidadá do Concello do Carballiño (BOP de Ourense, 12 de xuño de 2012), que establece os dereitos e deberes da cidadanía no uso dos espazos públicos.
    Entre outras cuestións, a ordenanza recolle a obriga de:
    Respectar as normas de utilización dos espazos públicos e do mobiliario urbano.
    Manter limpas as zonas comúns e depositar correctamente os residuos.
    Evitar actuacións que deterioren parques, xardíns, instalacións ou elementos municipais.
    Respectar o descanso, a convivencia e os dereitos do resto da veciñanza.
    Recoller os excrementos dos animais de compañía e evitar que causen molestias e/ou danos nas zonas verdes e mobiliario.
    Colaborar na conservación dos bens públicos e comunicar calquera incidencia que poida afectar ao seu estado.
    Así mesmo, a propia ordenanza establece que as persoas organizadoras de actos públicos, culturais, deportivos ou festivos son responsables de velar polo correcto uso dos espazos públicos durante a celebración das actividades.
    O Concello do Carballiño agradece a colaboración da veciñanza para conservar o Parque Municipal nas mellores condicións posibles e seguir facendo del un espazo seguro, agradable e accesible para todas as persoas.

….

Puede acceder al documento completo (en gallego) en https://carballino.sedelectronica.gal/doc/A97G7DEQ7CTSAJC9936AP3795

Share

Entradas relacionadas

Parte da portada do bando de minibares da festa do pulpo 2026
12 Xuño, 2026

Bando sorteo dos postos de minibar no Parque Municipal na Festa do Pulpo


Saber máis
4 Maio, 2026

Divertiño 2026 – prazo de inscrición


Saber máis
Imaxe do cauce dun río
14 Abril, 2026

O Carballiño avanza na recuperación dos seus espazos naturais e na mellora da accesibilidade turística


Saber máis

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD