O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus
dous sub-directores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o
sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?…
TESTOSTERONA fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima
responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por
que? A autora mexicana Sabina Bernan, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade
laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado
nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.
• Autor: Sabina Berman
• Dirección: Xoque Carbajal
• Escenografía: Diego Valeiras
• Deseño son: Carlos Mosquera Mos
• Deseño iluminación: Xoque Carbajal
• Vestiario: Diego Valeiras
• Música: Carlos Mosquera Mos
• Elenco artístico: Camila Bosa
• Luis Iglesia
Malasombra producións S.L. Fundouse no ano 2006 polo actor Xoque Carbajal. Hoxe, despois de
unha década, afianzamos un proxecto empresarial que non só xera cultura e ilusión, senón tamén
postos de traballo, converténdose nunha das compañías con máis distribución en Galicia.
Malasombra defende a comedia, pero faino como un medio de comunicación co público e non só
como un fin. O humor permite relaxar os sentidos e axuda a que as mensaxes cheguen ao receptor
sen que este teña as defensas pechadas. Por isto, parécenos o mellor vehículo para transportar asnosas historias, incluso as máis duras.