Este evento enmárcase na Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), e complementa o programa de actos polo 8M.
Será este sábado, 16 de marzo ás 20 h no Auditorio.
Esta comedia vai dirixida a un público adulto, e a entrada ten un custo de 5€.
SINOPSE
Un cartel pendurado no manubrio da porta. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son as que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan é unha sátira utópica inspirada na loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguiren uns dereitos laborais e sociais
xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa
• Dirección: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
• Escenografía: Beatriz de Vega
• Deseño son: Ailén Kendelman
• Deseño iluminación: Del Ruiz
• Vestiario: Esther Quintas
• Música: Ailén Kendelman
• Elenco artístico: -Areta Bolado
– NoeliaCastro
– Ailén Kendelman
Traxectoria da compañía
A Panadaría é unha nova compañía de teatro formada por Areta Bolado, Noelia Fernández e Ailén Kendelman. O seu primeiro espectáculo”PAN! PAN!” recibiu diferentes recoñecementos,
convertindo á compañía nunha das revelacións teatrais da tempada 2014-2015.
Nos seus comezos gañou o 1⁰ Premio Xuventude Crea 2013. No ano 2015 Ailén Kendelman foi
nomeada aos Premios María Casares por Mellor Música Orixinal, e Areta Bolado recibiu o Premio María Casares por Mellor Actriz
Secundaria polo seu traballo en PAN!PAN!
PREMIOS DA OBRA “AS QUE LIMPAN”.
Premio do Público na Mostra de Teatro Galego de Cariño 2022
Premio a Mellor Espectáculo de Sala na Feria de Teatro de Castilla y León 2022
Premio María Casares a Mellor Espectáculo 2023
Premio María Casares a Mellor Dirección 2023
Premio María Casares a Mellor Texto Orixinal 2023
Premio María Casares a Mellor Actriz Protagonista (Noelia Castro) 2023