Domingo, 2 de maio ás 18.00 h no Auditorio, dentro da
REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS (RGTA).
Obra: QUIXOTE
Compañía: Pedras de Cartón
Clasificación: comedia
Público: infantil e familiar (a partir dos 4 anos)
Entrada: 3,50 €
SINOPSE
Segundo espectáculo de Pedras de cartón baseado nun texto de Cervantes, un dos máis
coñecidos da literatura española, para contalo en clave de comedia. Cunha estética inspirada
no pallaso clásico e en clave de clown, traballa as escenas máis icónicas da novela, da relación
antagónica entre Quixote e o seu fiel escudeiro Sancho. Unha proposta chea de humor e case
sen palabras na que Don Quixote viaxa polas terras de Castela no seu velocípedo acompañado
do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.
FICHA ARTÍSTICA
• Autor: Juan Rodríguez sobre o texto de Miguel de Cervantes
• Dirección: Laura Sarasola
• Adaptación: Juan Rodríguez
• Escenografía: Juan Rodríguez
• Deseño son: Davide González
• Deseño iluminación: Dani Pais
• Vestiario: Diego Valeiras
• Música: Davide González
• Coreografía: Laura Sarasola
• Elenco artístico: Juan Rodríguez e Pablo Sánchez
TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA
Pedras de cartón nace en 2019 na Coruña da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo teatro. Coa intención de adaptar os clásicos da literatura crean propostas para toda a familia cunha clara aposta por explorar novas linguaxes e estéticas e así promover o gusto
das máis pequeñas polas novelas clásicas. A compañía conta con profesionais cunha ampla
traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude, da man de Juan Rodríguez, socio fundador