logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
    • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
O concello retoma a feira o próximo luns, 30 de novembro, ampliando os espazos para ubicar os postos e garantir o cumprimento das medidas sanitarias de separación e seguridade
Novembro 27, 2020
A ínsua dos poetas ofrece este sábado o concerto de Milladoiro polo seu 40 aniversario coa entrada libre ata completar aforo
Novembro 27, 2020
Novembro 27, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

A CRUZ VERMELLA E O CENTRO COMERCIAL ABERTO ASINAN UN CONVENIO PARA RECOLLER XOGUETES FORMATIVOS PARA NENOS E NENAS DE FAMILIAS EN DIFICULTADE SOCIAL



A cruz vermella e o centro comercial aberto asinan un convenio para recoller xoguetes formativos para nenos e nenas de familias en dificultade social.

A Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto colabora coa Cruz Vermella na súa campaña “Os seus dereitos en xogo”. Esta campaña é unha iniciativa de Cruz Vermella, cuxos principais obxectivos son, en primeiro lugar, promover o uso de xogos e xoguetes como ferramenta educativa e de transmisión de valores no contexto escolar e familiar, ademais de dotar ás familias en dificultade social con nenos e nenas ao seu cargo, de xogos e xoguetes, enmarcado nun sistema de traballo real con estas persoas para que se cumpran os obxectivos de transmisión de valores e xogo saudable. Este ano, a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto súmase a esta marabillosa campaña asinando un acordo de colaboración coa Cruz Vermella, onde se detalla que vinte e dous establecementos asociados actuarán como punto de recollida de todos os xoguetes doados para esta iniciativa solidaria. O prazo de entrega é desde hoxe 27 ata o 15 de decembro.

A sinatura deste convenio tivo lugar esta mañá na sede da Cruz Vermella do Carballiño, e á mesma asistiron o presidente do CCA, Julián Garriga, e a coordinadora da Cruz Vermella no Carballiño, Jamaica Beneitez Varela.

Julián Garriga dixo que se trata dun acordo de colaboración moi especial, no que participan 22 establecementos comerciais do Carballiño, e que espera que sexa un gran éxito.

Jamaica Beneitez agradeceu a colaboración do CCA e dos establecementos que participan na campaña, da que dixo que recolleu o pasado ano 40 xoguetes na comarca e 500 na provincia, e que para este ano, debido á pandemia, hai máis familias necesitadas, polo que se pide a xenerosidade da veciñanza do Carballiño e da comarca. Neste senso recordou que deben ser xoguetes novos, formativos, non sexistas nin bélicos.

Os 22 establecementos nos que se poden depositar os xoguetes a partir de hoxe son os seguintes: Eniac Informatica, Flor de Lis, Sol Plata, Innova Decor, Contos, Confitería Cerviño, Aura Modas, Dulcinea, Futboleros, Hobby Sport, Ende Ben, Chikitines, Outlet Alba Conde, La Moderna, Cortinas López, Papaventos, Publiocho, Parafarmacio O Buxo, Bar Soldado, Din Don Ucha e Píkaros.



Share

Entradas relacionadas

Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Saber máis
Outubro 27, 2021

Escola Municipal de Danza e Teatro


Saber máis
Maio 12, 2021

Bo día familia y Divertiño. Aberto plazo de inscrición.


Saber máis

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD