logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
    • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Ultímase o acondicionamento da oficina de turismo da alameda para a súa próxima apertura
Xuño 11, 2020
O concello adhírese ao convenio entre a Xunta e a Fegamp para a posta en marcha do programa para o control da covid-19 nos efectivos da policía local
Xuño 12, 2020
Xuño 11, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

A explotación do restaurante do Muíño dás Lousas irá ao próximo pleno municipal



A explotación do restaurante do  Muíño dás  Lousas irá ao próximo pleno municipal

O restaurante-bar do Muíño dás Lousas podería entrar de novo en funcionamento nos próximos meses, tras procederse á súa licitación. O proceso de contratación administrativa desta instalación municipal culminarase en breve, pois o prego para a súa licitación xa está finalizado e será levado ao próximo pleno municipal para a súa aprobación.

Esta instalación hostaleira, que forma parte do conxunto do Parque Etnográfico do Arenteiro, leva varios anos sen funcionar e a súa posta en marcha supoñerá un aliciente máis para este conxunto de gran interese turístico e etnográfico do Carballiño.

Coa finalidade de que poidan optar o maior número posible de propostas, establécense unhas condicións moi favorables para os interesados, xa que a licitación partirá dun canon anual de 404,88 euros pola explotación esta instalación.

Os aspirantes deberán facerse cargo do acondicionamento do tellado así como da reforma e equipamento do interior. O arranxo do tellado está orzado en 13.809 euros. O Muíño dás Lousas dispón de 92 prazas, 42 no comedor, 32 na terraza e 20 no bar. Entre as condicións fixadas polo concello figura que o adxudicatario terá que mantelo aberto polo menos durante os tres meses do verán, e na valoración á hora de elixir propostas, a oferta económica (polo sistema de poxa sobre o canon mínimo anual) supoñerá o 75% da puntuación, mentres que o tempo de apertura ao público supoñerá o 25% restante.

Unha vez que o pleno aprobei o prego de bases para a concesión será publicado na plataforma do perfil do contratante para poñer en marcha a licitación.

Share

Entradas relacionadas

Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Saber máis
Outubro 27, 2021

Escola Municipal de Danza e Teatro


Saber máis
Maio 12, 2021

Bo día familia y Divertiño. Aberto plazo de inscrición.


Saber máis

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page