mediodía, durante o pregón de Semana Santa no templo da Veracruz, do agarimo que lle
profesa á vila na que naceu e elaborou un exhaustivo percorrido histórico polas orixes e
evolución do Carballiño ata o tempo actual. Destacou o interese que suscitou o pobo ao longo
do tempo en relevantes figuras da literatura galega, entre outros, Otero Pedrayo, López
Cuevillas ou Emilia Pardo Bazán, e destacou o significado que tivo para ela en diversas celebracións
da súa vida o templo da Veracruz. Así, referiuse ás cerimonias da confirmación,
primeira comunión e casamento como momentos moi emotivos vividos neste templo.
consontes á celebración eucarística.
O programa previsto pola Confraría da Veracruz para esta xornada de domingo continúa esta tarde, ás 18,30 h, tamén no templo da Veracruz, cun concerto da Banda de Música Nuestra
Señora de la Misericordia de Viveiro, que interpretará baixo o lema de “Sons cofrades” diversos
temas alusivos á Semana Santa.