logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
    • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Comezou a executarse o proxecto de mellora das rúas Pico seco, Volante e Pena grande, na parroquia de Arcos
Novembro 11, 2020
Reunión para impulsar o parque industrial supramunicipal entre O Carballiño e Maside
Novembro 13, 2020
Novembro 12, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

A Xunta adxudica a reparación da cuberta das dársenas da estación de autobuses



 

Unha boa noticia, que ratifica a xestión realizada polo alcalde, Francisco Fumega, coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, como paso previo para o traslado da estación de autobuses y a cesión ao concello destas instalacións. NOTA DE PRENSA DA CONSELLERÍA A actuación cumpre o compromiso adquirido pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade como actuación previa á cesión da actual terminal ao Concello A Xunta adxudica as obras de reparación da cuberta das dársenas da estación de autobuses do Carballiño O contrato ten un orzamento de preto de 11.000 euros e establece un prazo de execución de 1 mes

Substituirase a cuberta da zona central das dársenas e a da zona do encontro da mesma co edificio da estación

A Xunta propúxolle ao Concello trasladar os servizos de terminal ao carón da estación de ferrocarril para favorecer o intercambio entre os distintos transportes, facendo posible atender o interese municipal de destinar a terminal a usos sociais

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaba de adxudicar as obras de reparación da cuberta das dársenas da estación de autobuses do Carballiño.

O contrato foi adxudicado á empresa Construcións e Reformas Tono Cruz 2016 SL, por un investimento de preto de 11.000 euros. As obras contan cun prazo de execución de 1 mes.

A intervención que levará a cabo na estación de autobuses de Carballiño ten por obxecto a substitución da zona central da cuberta de policarbonato das dársenas. Os traballos inclúen tamén actuacións na zona do encontro da cuberta co edificio da estación, para evitar que se produzan filtracións de auga.

Esta actuación responde o compromiso da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na recente reunión mantida co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega. Na reunión, a conselleira avanzou a realización destas obras como paso previo á cesión do edificio da actual estación de buses ao Concello.

Ademais, propúxolle ao Concello trasladar os servizos de autobuses ao carón da estación de ferrocarril co fin de facilitar a intermodalidad.

Esta proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade permitirá facilitar un intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte público, facendo posible atender a demanda do Concello de destinar a actual estación de autobuses a usos sociais.

Share

Entradas relacionadas

Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Saber máis
Outubro 27, 2021

Escola Municipal de Danza e Teatro


Saber máis
Maio 12, 2021

Bo día familia y Divertiño. Aberto plazo de inscrición.


Saber máis

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD