Departamento de xuventude
Desde o Departamento de Mocidade do Excmo. Ayto. do Carballiño préstanse servizos de información e orientación sobre oportunidades e recursos para os mozos, tamén se deseñan e organizan actividades, da mesma forma que se canalizan e tramitan ofertas formativas, educativas e culturais.
A oficina municipal de información é un servizo para facilitar o acceso á información a todos os mozos do Carballiño e comarca a través de:
- Atención personalizada
- A través de vía telefónica
- Vía e-mail, taboleiro de anuncios e expositores
- Medios de comunicación e divulgación de folletos publicitarios
- Autoconsulta a través de Internet
Asesoramento persoal: vivenda, temas xurídicos, emprego, sexología, paricipación e tempo libre, voluntariado
Espazo de autoconsulta para os mozos: Internet gratuíto
Trátanse e xestionan temas tan interesantes como:
- Trámite do carné Xove
- Información: (estudante internacional, alberguista e teacher), emprego e vivenda, formación ocupacional, universitarias, oposicións, convocatorias, concursos
- Prevención en drogodependencias no ámbito familiar, escolar e comunitario
- Orientación psicolóxica e derivación aos centros especializados
- Escola de "Pais e Nais"
- Orientación sexual e afectiva