logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
    • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
O Centro Comercial Aberto retoma este venres, 19 de xuño, a súa actividade de dinamización comercial cunha campaña sinalada por descontos nos comercios, sorteo de vales de compra, agasallos e tapas en locais de hostalería
Xuño 18, 2020
Quince peóns forestais, xardineiros e persoal de limpeza acondicionan os xardíns, zonas verdes, espazos públicos e beirarrúas do casco urbano
Xuño 19, 2020
Xuño 19, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

As piscinas municipais abren mañá, sabado, 20 de xuño, cun control de aforo para garantir as medidas preventivas de separación e seguridade



As piscinas municipais abren mañá, sabado, 20 de xuño, cun control de aforo para garantir as medidas preventivas de separación e seguridade

As piscinas municipais comezan a tempada de verán mañá, sábado, 20 de xuño, e o farán cun control de aforo para garantir as medidas de separación e seguridade. Para isto, o césped estará delimitado en cuadrículas, co obxectivo de que os usuarios podan dispoñer de espazos acotados coa debida separación para evitar posibles contaxios.

Neste sentido, pídese que as persoas que non formen parte da mesma unidade de convivencia, respecten as normas de separación entre usuarios.

Ainda con este control de aforo, non se prevé que haxa problemas de entradas, pois a cota máxima de usuarios nun só dia en anos anteriores foi de 700 persoas, e o aforo permitido, tendo en conta todas as normas de separación, supera ampliamente os 1.000 usuarios.

O horario de apertura será de 11 da mañá a 8,30 da tarde, de xeito ininterrumpido, durante todos os días da semana.

Os prezos da entrada permanecen invariables con respecto ao pasado ano. Así, para as persoas con idades comprenidas entre os 4 e os 16 anos, o prezo da entrada será de 1,60€. Mentres que para as persoas maiores de 16 anos, o prezo da entrada será de 2,60€.

Na taquilla das piscinas poderanse adquirir tanto as entradas diarias como os bonos de quince usos, trinta usos ou de tempada.

Ao igual que na anterior, os bonos de 15 días e 30 días serán por usos diarios, e non por quincenas ou mensualidades concretas, polo que se abarata significativamente o prezo das entradas.

Así, cun bono de 15 días de adultos (máis de 16 anos), cuxo prezo é de 24,70 euros, o custo de cada entrada queda en 1,64 euros. Cun bono de 15 días infantil (de 4 a 16 anos), cuxo prezo é de 12,20 euros, o custo de cada entrada queda en 0,81 euros.

Os bonos de adultos de 30 días costan 35,90 euros, co que cada entrada sae a 1,17 euros. Os bonos infantís de 30 días costan 18,30 euros, co que o prezo de cada entrada é de 0,61 euros.

O custo dos bonos familiares é o seguinte: 30 días, 84,10 euros; 15 días, 42,55 euros, e de tempada (3 meses), 206,35 euros.

Debido á limitación do aforo, non haberá cursos de natación.

Share

Entradas relacionadas

Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Saber máis
Outubro 27, 2021

Escola Municipal de Danza e Teatro


Saber máis
Maio 12, 2021

Bo día familia y Divertiño. Aberto plazo de inscrición.


Saber máis

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page