logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
    • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
A cantante Noemí Duro ofrecerá un concerto de presentación da súa primeira maqueta discográfica o 28 de marzo no auditorio
Marzo 12, 2020
Prestación de servizo ás persoas maiores que viven soas
Marzo 17, 2020
Marzo 13, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

Bando da alcaldía



Bando da alcaldía

Ante a situación creada polo COVID-19, adóptanse a partir do próximo sábado día 14 as seguintes medidas polo Concello do Carballiño, que conlevan a suspensión de todas as actividades públicas de carácter institucional, social, cultural e deportivo, e o peche daquelas dependencias que non son de atención directa ao usuario ante as recomendacións feitas polo Goberno Central e a Xunta de Galicia.

En base a ditas recomendacións, dende o concello establécense unha serie de medidas preventivas para evitar a propagación do coronavirus entre a veciñanza e no ámbito dos traballadores municipais.

Así mesmo, o Goberno local constituíu un comité de seguimento presidido polo alcalde e os seus concelleiros, o responsable da Policía Local, o secretario, o interventor e os responsables doutros servizos municipais para facer un seguimento da situación no concello en tempo real.

As medidas concretas que se establecen son as seguintes:

ÁREA DE CULTURA

Peche da Biblioteca Municipal, Casa da Cultura e Auditorio Municipal, así como suspensión das escolas de Teatro e Danza, e todas as actividades culturais, ensaios, etc.

ÁREA DE EDUCACIÓN

Peche do Conservatorio e da Escola de Música.

Peche da Aula CEMIT.

ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS

Peche de Bo día familia e suspensión de cursos.

Especial seguimento dos usuarios do Servizo de Atención no Fogar.

Reforzo da Teleasistencia e seguimento especial das persoas maiores que viven soas.

ÁREA DE SERVIZOS PÚBLICOS

Suspensión da Feira do 16 de marzo

ÁREA DE DEPORTES

Suspensión de todas as actividades deportivas, escolas deportivas e peche das instalacións deportivas municipais.

ÁREA DE MEDIOAMBIENTE

Peche dos parques infantís.

ÁREA DE TURISMO

Peche do camping municipal e do museo etnográfico.

ÁREA DE EMPREGO

Suspensión dos cursos de emprego.

ÁREA DE PERSONAL

Seguirase o protocolo destinado ao persoal empregado público.

Posibilidade de ausentarse do posto traballo sempre que haxa informe sanitario.

Habilítase posibilidade de teletraballo de ser necesario.

Tomaranse medidas de precaución en atención ao público, co reforzo da limpeza e o mantemento de distancias de seguridade.

Recoméndase o lavado da mans coa frecuencia que precisen os traballadores públicos.

Disporase dunha distancia de seguridade de polo menos 1 metro co público, evitándose o contacto físico

Tratar de controlar a afluencia de público co fin de evitar aglomeracións en zonas de espera

Manteranse abertas as dependencias de atención administrativa directa ao público, pero para evitar as aglomeracións activarase a cita previa en todos os servizos e pídese aos usuarios que eviten a cita presencial e empreguen as consultas telefónicas.

O Concello e as empresas adxudicatarias que manteñan relación contractual co concello extremarán as medidas hixiénico-sanitarias do persoal.

Estas medidas serán efectivas nun período mínimo de 15 días, podendo ampliarse ou modificarse en virtude da evolución da situación.

Share

Entradas relacionadas

Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Saber máis
Outubro 27, 2021

Escola Municipal de Danza e Teatro


Saber máis
Maio 12, 2021

Bo día familia y Divertiño. Aberto plazo de inscrición.


Saber máis

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD