Centro de Información a Muller. CIM

INTRODUCIÓN:

Hoxe en día, a muller segue a ser vítima desta sociedade ‘patriarcal’ en todos os sectores e a todos os niveis: familiar, laboral, social, económico, político… Por iso é importante a creación dun servizo que aglutine todos os temas que afectan á poboación feminina, para de forma integral poder ofertar programas e recursos que dean unha resposta efectiva ás súas necesidades, e ao mesmo tempo poder abrir novas portas a través das cales as mulleres poidan conseguir unha maior autonomía e presenza na nosa sociedade. Por iso, na actualidade, os Centros de Información ás Mulleres son un recurso de vital importancia para os concellos, xa que a través deles preténdese chegar de forma máis universal e directa a este núcleo poblacional, que como tal presenta unhas características e unhas inquietudes específicas. Por outra banda, os concellos son as institucións que están máis preto da cidadanía, de aí a importancia de incorporar este tipo de servizos na área local, sendo este un marco óptimo para coñecer as necesidades e demandas que presenta a poboación, e a partir de aí poder articular unha serie de recursos, servizos e programas, encamiñados a paliar e dar cobertura ás demandas detectadas na poboación.

OBXECTIVOS:

  • Proporcionar información, orientación e asesoramento en materia de muller a todo o colectivo feminino do concello carballiñés.
  • Ofertar asesoramento xurídico en temática de separacións, divorcios, dereito de familia, violacións, abusos sexuais e malos tratos.
  • Ofertar asesoramento e atención psicolóxica ás mulleres que o requiran.
  • Sensibilizar ao equipo docente dos Centros Educativos potenciando os comportamentos igualitarios e solidarios nos propios centros.
  • Orientar ás mulleres en materia de formación e inserción laboral. 
  • Potenciar as actividades de lecer e tempo libre das mulleres creando espazos propios para elas.
  • Fomentar a participación sociocultural das mulleres.
  • Promocionar a creación de asociacións e colectivos impulsados e dirixidos por mulleres.

EQUIPO PROFESIONAL:

PSICÓLOGA: Proporciona apoio e atención psicolóxica ás mulleres que así o requiran, desenvolve tarefas relacionadas coa orientación laboral e realiza tamén diversas actividades de prevención e sensibilización coa poboación.

AVOGADA: Presta información, orientación e asesoramento xurídico en diversos aspectos legais tales como separacións, divorcios, dereito de familia, violacións, abusos sexuais e malos tratos.

TRABALLADORA SOCIAL: Informa, orienta e asesora sobre os recursos existentes. Efectuando, cando corresponda, as derivaciones pertinentes. Xestións de diversas prestacións e servizos. Leva a cabo diversas actividades de prevención e sensibilización coa poboación.

ASESORAMENTO, TRAMITACIÓNS DE PRESTACIÓNS E PROGRAMAS:

  • Orde de protección de vítimas de violencia doméstica. 
  • Tramitación de xustiza gratuita. 
  • Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero. 
  • Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sufren violencia de xénero.
  • Quendas vacacionais para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (SGI).
  • Estancias de tempo libre para mulleres que teñan exclusivamente ao seu cargo (Instituto da Muller).
  • Programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia doméstica. 
  • Programa de Teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero.
  • Programa municipal de orientación laboral.
  • Renda Activa de Inserción.
  • Axudas e subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller.
  • Axudas a entidades sen ánimo de lucro de mulleres (SGI).
  • Liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres.
  • Subvencións estatais a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas de cooperación e voluntariado social.
  • Axudas e subvencións a empresas para a elaboración de plans de igualdade de oportunidades.

UBICACIÓN DO CIM: 

Faustino Santalices, nº 10. 
Teléfono: 988 53 10 76. 
Fax: 988 53 10 77.