Centro de información á muller
INTRODUCCIÓN:
Hoxe en día, a muller segue a ser vítima desta sociedade “patriarcal” en todos os sectores e a todos os niveis: familiar, laboral, social, económico, político… Por iso é importante a creación dun servizo que aglutine todos os temas que afectan á poboación feminina, para de forma integral poder ofertar programas e recursos que dean unha resposta efectiva ás súas necesidades, e ao mesmo tempo poder abrir novas portas a través das cales as mulleres poidan conseguir unha maior autonomía e presenza na nosa sociedade. Por iso, na actualidade, os Centros de Información ás Mulleres son un recurso de vital importancia para os concellos, xa que a través deles preténdese chegar de forma máis universal e directa a este núcleo poboacional, que como tal presenta unhas características e unhas inquietudes específicas.
Por outra banda, os concellos son as institucións que están máis preto da cidadanía, de aí a importancia de incorporar este tipo de servizos na área local, sendo este un marco óptimo para coñecer as necesidades e demandas que presenta a poboación, e a partir de aí poder articular unha serie de recursos, servizos e programas, encamiñados a paliar e dar cobertura ás demandas detectadas na poboación.
OBXECTIVOS:
- Proporcionar información, orientación e asesoramento en materia de muller a todo o colectivo feminino do concello carballiñés.
- Ofertar asesoramento xurídico en temática de separacións, divorcios, dereito de familia, violacións, abusos sexuais e malos tratos.
- Ofertar asesoramento e atención psicolóxica ás mulleres que o requiran.
- Sensibilizar ao equipo docente dos Centros Educativos potenciando os comportamentos igualitarios e solidarios nos propios centros.
- Orientar ás mulleres en materia de formación e inserción laboral.
- Potenciar as actividades de lecer e tempo libre das mulleres creando espazos propios para elas.
- Fomentar a participación sociocultural das mulleres.
- Promocionar a creación de asociacións e colectivos impulsados e dirixidos por mulleres.
EQUIPO PROFESIONAL:
- PSICÓLOGA: Proporciona apoio e atención psicolóxica ás mulleres que así o requiran, desenvolve tarefas relacionadas coa orientación laboral e realiza tamén diversas actividades de prevención e sensibilización coa poboación.
- AVOGADA: Presta información, orientación e asesoramento xurídico en diversos aspectos legais tales como separacións, divorcios, dereito de familia, violacións, abusos sexuales e malos tratos.
- TRABALLADORA SOCIAL: Informa, orienta e asesora sobre os recursos existentes, efectuando cando corresponda, as derivacións pertinentes. Xestión de diversas prestacións e servizos. Leva a cabo diversas actividades de prevención e sensibilización coa poboación.
ASESORAMENTO, TRAMITACIÓNS DE PRESTACIÓNS E PROGRAMAS:
- Orde de protección de vítimas de violencia doméstica.
- Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Tramitación de xustiza gratuíta.
- Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
- Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Estancias de tempo libre para mulleres que teñan fillos e fillas exclusivamente ao seu cargo (Instituto da Muller).
- Programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia doméstica.
- Programa de Teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero.
- Programa municipal de orientación laboral.
- Renda Activa de Inserción.
- Axudas e subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller.
- Axudas a entidades sen ánimo de lucro de mulleres ( SGI).
- Liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres.
- Subvencións estatais a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas de cooperación e voluntariado social.
- Axudas e subvencións a empresas para a elaboración de plans de igualdade de oportunidades.
LOCALIZACIÓN DO CIM:
Faustino Santalices, nº 10, entresollado.
Teléfono: 988 53 10 76. Fax: 988 53 10 77.
Correo Electrónico: cim@carballino.gal
HORARIO DE INVERNO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO:
De Luns a Venres, de 08:00 H. a 15:00 H. Martes de 15:30 a 19:00.
ATENCIÓN PSICOLÓXICA:
Todos os días pola mañá.Martes de 10:30 a 15:00 e de 15:30 a 19:00.
Xoves de 10:00 a 15:00.
ATENCIÓN XURÍDICA:
Martes de 12:30 a 15:00 e de 15:30 a 19:00.Venres de 11:00 a 15:00