logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
    • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Voltan as proxeccións do cine club
Novembro 11, 2020
Comezou a executarse o proxecto de mellora das rúas Pico seco, Volante e Pena grande, na parroquia de Arcos
Novembro 11, 2020
Novembro 11, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

Comezou a executarse o proxecto de mellora das rúas Pico seco, Volante e Pena grande, na parroquia de Arcos



Comezou a executarse o proxecto de mellora das rúas Pico seco, Volante e Pena grande, na parroquia de Arcos

Diron comezo as obras de asfaltado de tres rúas na zona norte da parroquia de Arcos. Trátase do asfaltado en quente das rúas Pico Seco, Volante e Pena Grande.

O importe deste proxecto é de 100.000 euros, que se sufragan con fondos da Deputación Provincial de Ourense e do concello do Carballiño.

Nestas mesmas rúas executouse no ano 2018 un proxecto de renovación da rede de abastecemento, polo que este proxecto actual refírese á pavimentación con asfaltado en quente destas rúas.

Así mesmo, o departamento de obras do concello prosigue coa elaboración do proxecto para o acondicionamento das rúas Castelao, Cea e Piñor, tamén na parroquia de Arcos. O proxecto, que podería ascender a preto de 200.000 euros, licitarase en canto estea redactado.

Ademais, tamén está previsto realizar o acondicionamento das rúas Buenos Aires e Serra da Martiñá, que discorren parlelas á vía do tren, na zona dos Catro Camiños, e para o cal redactaranse os proxectos correspondentes en breve.

Así mesmo, este verán acondicionáronse seis rúas na zona de Arcos, que foron as rúas Bearíz, Maside, Leiro, Punxín, Boborás e San Amaro. O proxecto consistiu no asfaltado en quente, así como a renovación da rede de auga. O investimento foi de 119.000 euros, e sufragouse con fondos propios do concello.

Dentro do plan de mellora de infraestruturas no casco urbano e no rural do municipio do Carballiño rematouse hai unhas semanas o acondicionamento de oito rúas na zona residencial. Trátase das rúas Illas Baleares, Cataluña, Madrid, Extremadura, País Vasco, Navarra, A Rioxa e Aragón, que contan cun novo asfaltado en quente, beirarrúas nalgúns tramos, así como renovación da rede de auga e alcantarillado, tamén nalgúns tramos. O investimento foi de 112.000 euros, que son sufragados íntegramente con fondos do concello.

Share

Entradas relacionadas

Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Saber máis
Outubro 27, 2021

Escola Municipal de Danza e Teatro


Saber máis
Maio 12, 2021

Bo día familia y Divertiño. Aberto plazo de inscrición.


Saber máis

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD