Este venres tivo lugar unha reunión de traballo no Concello do Carballiño na que participaron , entre outros,o alcalde Francisco Fumega, o concelleiro de seguridade Alberto Otero e o Comisario da Policia Nacional de Ourense, Castor Vázquez, no que analizaron diversos aspectos de interese para a vila e afondaron sobre a necesidade de obter un Punto de Actualización de Documentación (PAD) para o Carballiño, facilitando a actualización tanto do Documento Nacional de Identidade como de certificados dixitais dunha forma máis áxil cómoda e accesible para a veciñanza, tanto da vila como do resto da comarca.