Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

XI Andaina “O Carballiño camiña pola igualdade”

16 Marzo @ 10:00 - 14:00

PERCORRIDO
Entrega de dorsais e donación de 9 a 10:00h. Saída ás 10:00 h da PRAZA MAIOR

  • Saída da Praza Maior, rúa do paseo ata a “pista roxa” (cancha de baloncesto).
  • Baixamos por Marcelino Parrondo a Avenida do Balneario, continuamos recto e baixamos ata a ponte branca que está o carón do río Arenteiro.
  • Continuamos pola marxe do Río Arenteiro ata pasar o Gran Balneario, seguimos polo paseo do río ata a Piscifactoría, pasando o carón da Fábrica de Papel e chegamos o Muíño das Lousas.
  • Continuamos dende o Muíño das Lousas a Miomás, cruzando a estrada e imos polo pobo de Miomás, subimos ata Pena Cobertoria.
  • Dende Pena Cobertoira imos o Cruceiro da Igrexa de Sagra, onde temos o 1º avituallamento patrocinado por GADIS
  • Collemos o sendeiro ata a Seara e de alí imos ó Corval.
  • Continuamos polo Corval polo camiño dos Arrieiros ata o pobo do Penedo.
  • Dende o Penedo seguimos pola estrada ata a Rúa Solana, Praza do Corral, Rúa do Paseo e rematamos a andaina na Praza Maior.

TODO O PERCORRIDO DA ANDAINA ESTA SINALIZADO CON CINTAS E FRECHAS.

Detalles

Data:
16 Marzo
Hora:
10:00 - 14:00

Protagonista

CIM – Concello do Carballiño