O sábado, 1 de xuño no Auditorio Manuel María, terá lugar a clausura da Escola Municipal de
Teatro, unha gala que contará coa representación de tres montaxes teatrais, correspondentes
a cada un dos grupos (infantil, iniciación e perfeccionamento).
O grupo infantil foi o encargado xunto coa profesora de escoller a obra na que se mostrará a través do xogo en todo momento, un mundo no que os seres inanimados poden cobrar vida.
O grupo de iniciación levará a cabo unha obra na que a través de improvisación e creación de
personaxes, pon en escena a resolución dun crime.
Finalmente, o grupo de perfeccionamento crea un personaxe a través do xogo escénico,
preséntannos un mundo do absurdo, cunha viaxe polo subconsciente dun dos personaxes máis
famosos, Alicia. O texto é de Paula Carballeira.
Esta gala terá como fin ofrecer unha mostra do traballo realizado por 25 alumnos/as na Escola
Municipal de Teatro durante o curso 2023-2024, comprometida coa formación de novos talentos e co fomento da cultura municipal.
Esta escola conta cun programa educativa dirixido
a nenos/as a partir dos 6 anos, brindándolle a oportunidade de aprender e gozar do teatro. A
escola conta cun equipo de profesionais cualificados que imparten clases de interpretación.
A todo o alumnado faráselle entrega do diploma correspondente ao remate da función.