A Comisión Seleccionadora de Motivos do Cupón, aprobou a emisión dun cupón dedicado á Festa do Polbo do Carballiño con data de emisión xoves 5 de agosto de 2021, tres días antes da celebración da festa, prevista para o domingo 8 de agosto. Este acordo foille comunicado ao alcalde, Francisco Fumega, que mostrou a súa satisfacción pola deferencia da ONCE, e sobre todo pola promoción que supoñerá para a próxima Festa do Polbo, esperando que para entón poida celebrarse coa maior normalidade posible. Neste sentido, hai que subliñar que tamén se está á espera de que para esa edición consígase do goberno do Estado a declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, unha vez realizados todos os trámites e tras obter a consideración favorable da Xunta de Galicia.