Terá lugar o 4,5 e 6 de outubro co título de“Historia, Arte e Arquitectura Relixiosa nas comarcas do Carballiño e Ribeiro”.
O importante patrimonio relixioso das comarcas do
Carballiño e do Ribeiro será o eixo sobre o que se desenvolva o XIII Congreso do Centro de
Estudios Chamoso Lamas, que terá lugar o 4,5 e 6 de outubro deste ano. Trátase de poñer en valor a investigación e divulgación deste patrimonio, que nesta edición coincide co feito da
conmemoración do 150 aniversario do nacemento do arquitecto Antonio Palacios Ramilo,
artífice do Templo da Veracruz do Carballiño, obra simbólica da arquitectura relixiosa
contemporánea en Galicia e España.
O prazo para a presentación das propostas de comunicacións rematará o próximo 15 de xuño, debendo enviarse aos seguintes enderezos electrónicos:
secretaria@centrodestudioschamosolamas.com ou
contacto@centrodestudioschamosolamas.com.
Nas propostas de comunicacións que se remitan deberán figurar os seguintes requisitos: Título
da comunicación; nome e apelidos do autor/a; organización ou institución á que pertencen (se
fose o caso); correo electrónico e teléfono de contacto do autor/a; breve resumo do traballo,
incluido o obxectivo da investigación así como as fontes documentais e bibliográficas
consultadas.
As comunicacións aceptadas pola Comisión Rectora do Congreso deberán ser presentadas no
mesmo polo autor/a, e publicaranse nun libro que se editará no 2025.
O prazo de remisión das propostas rematará o 15 de xuño próximo, mentres que as
comunicacións deberán remitirse antes do 15 de setembro deste ano.
Está previsto rematar o programa definitivo do congreso a finais do mes de xuño, co obxectivo
de tramitar coa Universidade de Vigo os créditos correspondentes que serán otorgados aos
asistentes e ponentes ao remate do congreso en outubro.
Como na pasada edición, a asistencia ao congreso será totalmente gratuita e as matrículas
deberán tramitarse do 1 ao 15 de setembro a través da páxina web ou do correo electrónico