logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
    • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
A explotación do restaurante do Muíño dás Lousas irá ao próximo pleno municipal
Xuño 11, 2020
O Cine Club retomará en setembro as proxeccións habituais, e en xullo programará o ciclo flores de cinema
Xuño 12, 2020
Xuño 12, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

O concello adhírese ao convenio entre a Xunta e a Fegamp para a posta en marcha do programa para o control da covid-19 nos efectivos da policía local



O concello adhírese ao convenio entre a Xunta e a Fegamp para a posta en marcha do programa para o control da covid-19 nos efectivos da policía local

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, asinará a adhesión ao convenio entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para a posta en marcha do programa para o control da Covid 19 na Policía Local.

A adhesión implica o cumprimento de determinados deberes e compromisos, como facilitar aos seus efectivos da policía local a realización do test serológico COVID-19, incluír nos estudos epidemiolóxicos que poida realizar a entidade local os resultados obtidos pola realización dos test, así como a súa utilización para a posta en marcha de campañas de divulgación e prevención sanitaria, e incluír na formación dos efectivos aqueles aspectos de hixiene, prevención e control de casos de contaxio por COVID-19.

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde, comprométese a realizar os test de detección de COVID-19 aos axentes que realicen as súas funcións de policía local ou de auxiliar de policía en calquera concello das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia que estea adherido ao presento convenio de conformidade co previsto na cláusula terceira. Os test serán realizados polo Sergas polo procedemento que se determine ata un máximo de 2.528. En función do resultado do test e da presenza ou non de sintomatoloxía, o facultativo poderá tomar a decisión de completar o proceso de acordo co protocolo clínico dispoñible na seguinte ligazón, nos Hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde correspondente á provincia de detección do caso, no prazo máximo de 48 horas.

Así mesmo, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Xunta terá o deber de coordinar a súa actividade de prevención, detección e control da Covid-19 coas entidades locais.

MEDIDAS PREVENTIVAS

Os efectivos da policía local extremarán as medidas de illamento social vixentes, restrinxindo os contactos e limitándoos aos imprescindibles. No caso de que houbese contacto estreito dalgún efectivo cun enfermo sintomático de COVID-19, comunicará este feito ao seu superior xerárquico, deberá cesar no servizo e manterse en corentena domiciliaria durante catorce días, vixiando a aparición de síntomas. En caso de presentar síntomas respiratorios, tampouco deberá desenvolver as súas funcións encomendadas. Neste caso, o/a axente da policía ou o/a auxiliar de policía deberá autoaislarse no seu domicilio, solicitar unha consulta telefónica co seu médico de atención primaria e seguir as súas indicacións, ata a súa completa recuperación.


Share

Entradas relacionadas

Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Saber máis
Outubro 27, 2021

Escola Municipal de Danza e Teatro


Saber máis
Maio 12, 2021

Bo día familia y Divertiño. Aberto plazo de inscrición.


Saber máis

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page