logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
    • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Habilitación de teléfonos para consultas de autónomos e empresarios polo covid-19
Maio 11, 2020
O Carballiño consolídase como o segundo municipio máis poboado da provincia ao conseguir un padrón de 14.089 habitantes
Maio 18, 2020
Maio 16, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

O concello espera desenvolver todas as actividades previstas pola celebración das letras galegas en outubro, coincidindo coa nova data establecida pola Real Academia Galega



O concello espera poder desenvolver todas as actividades previstas pola celebración das letras galegas en outubro, coincidindo coa nova data establecida pola Real Academia Galega

O Servizo de Normalización Lingüística do concello do Carballiño previra desenvolver unha serie de actividades con motivo da celebración das Letras Galegas, que este ano se lle dedica a Ricardo Carvalho Calero. E tamén estaba previsto levar a cabo un recital poético o propio 17 de maio, tal e como veu realizando os últimos anos. Con todo, pola pandemia do Covid-19, todas as actividades quedaron aprazadas, esperando que se poidan desenvolver no mes de outubro, coincidido coa nova data establecida pola Real Academia Galega.

Entre estas actividades, que xa estaban contratadas, figuran:

-Unha obra de teatro no auditorio Manuel María dirixida a alumnado 2º ciclo da ESO, baseada no libro 4 pezas (A sombra de Orfeo, Farsa dás zocas, A árbore e Auto do prisioneiro) de Ricardo Carvalho Calero. Estaba previsto repartir 200 exemplares da citada obra para que a traballasen nos respectivos institutos antes da súa representación.

-Obradoiro nos centros de primaria da vila. ‘Lingua Forza 3’ Nesta actividade mestúranse as áreas de lingua coa de educación física. Comunícaselle aos nenos/ as que se detectou un virus que atrofia os músculos do corpo, especialmente a lingua, e que temos que realizar unha serie de probas para coñecer o alcance da infección. Son tres probas nas que analizamos a habilidade, resistencia e velocidade lingüística, física e mental. Feitas as probas, facemos un diagnóstico e poñémoslles un tratamento para botar fose o virus.

– Obradoiro de taboleiros medievais no que descubriremos como se entretiñan e a que xogaban os/as nenos/ as (e non tan pequenos) na Idade Media), e como esa pegada quedou plasmada no legado artístico da comarca. Para este taller había prazas limitadas.

Tamén estaba previsto editar un marcapáginas para agasallar ao alumnado e veciños/ as, e que tamén se pospón para o mes de outubro.

Ademais, ían realizar diversas actividades de contacontos e talleres na sala infantil e xuvenil da Biblioteca Pública Municipal, que tamén se aprazan para outubro.

Share

Entradas relacionadas

Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Saber máis
Outubro 27, 2021

Escola Municipal de Danza e Teatro


Saber máis
Maio 12, 2021

Bo día familia y Divertiño. Aberto plazo de inscrición.


Saber máis

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD