logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
    • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
O concello rebaixa o gasto anual do consumo eléctrico en case 700.00 euros
Novembro 4, 2020
Sesión plenaria da corporación este venres, 6 de novembro
Novembro 5, 2020
Novembro 5, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

O concello recibe por seguno ano dous galardóns de Vilas en Flor Galicia polo coidado dos espazos verdes



O concello recibe por segundo ano dous galardóns de Vilas en Flor Galicia polo coidado dos espazos verdes

O concello do Carballiño recibiu hoxe un galardón consistente en dúas Flores de Honra concedidas pola inciativa Vilas en Flor Galicia. O premio foi comunicado esta mañá no transcurso dun acto que se celebrou desde Santiago por videoconferencia con vintesete concellos, e ao que asistiu a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, ademais dos promotores desta iniciativa. O concello estivo representado pola concelleira de Medio Ambiente, Rita Soto.

É o segundo ano que o concello do Carballiño participa nesta experiencia, e por iso a concelleira agradeceu a concesión do galardón, que supón, según dixo, “un aliciente máis para seguir mellorando este recurso e contribuir a que os espazos naturais do Carballiño sexan cada vez mellores. Realmente, no Carballiño temos arredor de 500.000 metros cadrados de zonas verdes, plenamente integradas no casco urbano, e cuxo mantemento require un gran esforzo económico, así como en medios técnicos e persoal. É un recurso ao que destinamos anualmente unha parte importante do noso presuposto municipal, pero que damos por ben empregado, xa que representa un dos principais reclamos turísticos do Carballiño”.

Vilas en Flor Galicia é un programa anual que recoñece en forma de galardóns, chamados Flores de Honra, a traxectoria e as accións levadas a cabo polos municipios galegos na mellora e potenciación dos espazos verdes urbanos, a súa xestión sustentable, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.

Vilas en Flor é unha iniciativa de ASVINOR (Asociación de Viveristas do Noroeste), AGAEXAR (Asociación de empresas de xardinería de Galicia) e da Fundación Juana de Vega cuxos obxectivos son promover a protección, mellora e posta en valor dos espazos verdes nos municipios de Galicia e contribuír con iso a mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e a súa cohesión social; mellorar a imaxe dos municipios e os seus encantos para visitantes e turistas; xerar espazos de formación, reflexión e debate ao redor da xestión sustentable dos pobos e cidades; promover os espazos verdes como punto de encontro de relacións sociais interxeracionais; e mellorar a conciencia social cara ás políticas de sustentabilidade ambiental e potenciación dos espazos verdes urbanos.

Share

Entradas relacionadas

Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Saber máis
Outubro 27, 2021

Escola Municipal de Danza e Teatro


Saber máis
Maio 12, 2021

Bo día familia y Divertiño. Aberto plazo de inscrición.


Saber máis

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page