logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
    • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Foro con José Fariña, profesor emérito da universidade politécnica de Madrid e catedrático de urbanismo e ordenación do territorio, sobre “planificar en tiempos de incertidumbre, ciudades sostenibles, seguras y saludables”
Marzo 5, 2020
Marzo 5, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

O coro de Voces Brancas da escolanía de Segovia inaugura este venres, 6 de marzo, no Templo da Veracruz o XIII festival internacional de música pórtico do paraíso



O Coro de Voces Brancas da escolanía de Segovia inaugura este venres, 6 de marzo, no Templo da Veracruz o XIII festival internacional de música pórtico do paraíso

Por primeira vez nos trece anos de historia do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso, a sesión de apertura non terá lugar na catedral de Ourense, senón no Templo da Veracruz do Carballiño, e o fará cun concerto do coro de voces brancas da Escolanía de Segovia, que é un referente da música coral en España.

O concerto, que é de entrada libre ata completar o aforo, comezará ás 20,30 h deste venres, 6 de marzo, e ofrecerá un repertorio variado, ameno e novedoso, que vai dende a música sacra ata o jazz, pasando polo barroco ou incluso a música africana.

A Escolanía de Segovia é un coro de voces brancas, dirixido por María Luisa Martin, que conta con vinte anos de historia e unha traxectoria de gran prestixio. Así, ten participado en numerosos festivais, mostras corais e acontecementos destacados, como a XLIV Semana de Música Religiosa de Cuenca, a inauguración do auditorio Miguel Delibes de Valladolid, Auditorio Nacional de Madrid, XXIII Festival de Música Española de León, VII Festival Internacional de las Artes de Castilla y León ou diversas edicións da Semana de Música Sacra de Segovia e do Festival de Segovia.

A Escolanía realizou colaboracións con prestixiosos coros, orquestras, artistas e directores, como o coro e orquestras nacionais dirixidos por Frühbeck de Burgos, o Coro e Orquestra Barroca de Ámsterdam dirixidos por Tom Koopman, a Orquestra Sinfónica de Castilla y León dirixidos por Alejandro Posadas, Coro de la Comunidad de Madrid e a OSCyL dirixidos por Jesús López Cobos e por Lionel Bringuíer, o Coro e a Orquestra de RTVE dirixidos por Semyóm Bychkov, a Coral y Orquesta Politécnica de Madrid, a Orquesta Carlos III de Madrid, o cantautor Amancio Prada e os grupos La Carraca, a Capilla Jerónimo de Carrión e Los Calchakis,

O evento foi presentado esta mañá no concello do Carballiño polo alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o director artístico do festival, Juan Enrique Miguéns e a coordinadora do mesmo, Conchi da Silva.

Francisco Fumega agradeceu a deferencia da Asociación Pórtico Musical por elexir O Carballiño como lugar de inauguración do festival, e por traer este concerto da Escolanía de Segovia ao Templo da Veracruz, nun ano no que o concello do Carballiño desenvolverá un programa extraordinario con motivo do 75 aniversario da morte de Antonio Palacios, que deseñou o templo. “É un orgullo e un pracer poder disfrutar no Carballiño e nun marco tan emblemático como é o Templo da Veracruz dun concerto de música deste nivel”, dixo o alcalde.

Juan Enrique Miguéns dixo, en correspondencia coa declaración do rexidor municipal carballiñés, que “os agradecidos somos nós, pois necesitábamos un lugar cunhas características acústicas e de capacidade moi concretas, e queremos recoñecer o esforzo do Concello do Carballiño por colaborar coa organización deste evento”. Ao respecto, lembrou que era a primeira vez que a inauguración do festival non ía a ter lugar na catedral de Ourense, e que estaba satisfeito de que O Carballiño ofrecese un encaixe perfecto para este concerto.

Resaltou as cualidades e a traxectoria do coro de voces brancas da Escolanía de Segovia, e dixo que ía ofrecer un repertorio variado, ameno e novedoso. Destacou que se trata dunha formación moi interesante, composta por 50 voces, e que nalgunhas pezas acompáñase con piano e incluso con percusión. Desde logo, dixo, será un concerto moi atractivo e nada habitual na provincia de Ourense. Finalmente, animou á xente a que se volque neste concerto e acuda a disfrutar ao Templo da Veracruz.

Conchi da Silva engadiu que por parte da Escolanía de Segovia hai un gran entusiasmo por esta actuación, e que incluso hai moitos familiares que veñen acompañando ao coro, e que esperan disfrutar das excelencias do Carballiño e de Ourense durante a fin de semana. Por este motivo, dixo que o festival, ademais da faceta musical, ten unha vertente de promoción turística, dando a coñecer Ourense e a provincia, e situala como referente dun gran evento musical como é o Festival Pórtico do Paraíso.

Diego Fernández, finalmente, expresou o seu orgullo por esta oportunidade de que O Carballiño acolla un evento musical do máximo nivel e interese, e ainda máis por ter lugar no Templo da Veracruz nun ano no que se lle vai render homenaxe ao arquitecto Antonio Palacios.

Share

Entradas relacionadas

Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Saber máis
Outubro 27, 2021

Escola Municipal de Danza e Teatro


Saber máis
Maio 12, 2021

Bo día familia y Divertiño. Aberto plazo de inscrición.


Saber máis

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD