ÁREA DE INDUSTRIA, COMERCIO, EMPREGO, DINAMIZACIÓN TURÍSTICA,
VOLUNTARIADO E PROTECCION CIVIL
Esta delegación dirixida por Jose Manuel Dacal Fernández cubrirá o exercicio das competencias propias da Alcaldía na materia que
non se atopen delegadas na Xunta de Goberno Local e cubrirá particularmente:
A planificación e coordinación das actividades relacionadas con estas materias que se fagan
dende o concello ou en colaboración con outras administración ou asociacións, así como
todo o relativo a Turismo e termalismo. E todo o deseño e execución de plans de emprego,
formación, inserción laboral, dinamización e estímulo da economía local, e a relación co
sector produtivo industrial.
Todas as delegacións, conlevan a asistencia permanente ao alcalde no exercicio das
atribucións que lle correspondan que teñan que ver coas actividades que desenvolvan as
distintas áreas que anteriormente se referenciaron, así como a dirección dos servizos
correspondentes e a súa xestión.
Subscribirán convenios de colaboración no seu ámbito competencia e anuncios e edictos
precisos para a publicación das resolucións e acordos que sexa preciso publicar en
diferentes diarios oficiais ou taboleiros de edictos, sempre que versen sobre as materias
encomendadas, así como as comunicacións dirixidas a autoridades ou organismos.
Resolverán sobre as peticións de acceso á información formuladas polos membros da
Corporación.