ÁREA DE PERSOAL, SEGURIDADE, EMERXENCIAS MUNICIPAIS, MOBILIDADE,
ADMINISTRACIÓN XERAL, RÉXIME INTERIOR E OBRAS

Delégase a Alberto Otero Carneiro a totalidade dos asuntos relacionados coa xestión do persoal municipal, en
particular: aprobación das bases de contratación de persoal, aprobación da oferta de
emprego público, resolución de todo tipo de permisos solicitados e recoñecemento de
trienios, resolución de expedientes de contratación (alegacións, altas e baixas), ditar
instrucións, representar ao concello nas Mesas Xerais de Negociación.
Delégase a facultade de realizar propostas, ditar instrucións e resolver sobre os asuntos
da área de Administración Xeral e Réxime Interior: Padrón de Habitantes, rexistro de
animais perigosos, rexistro de parellas de feito, rexistro de asociacións, expedientes de
matrimonios, expedientes de danos de bens municipais, propostas de ordenanzas
reguladoras cuxa aprobación corresponde ao Pleno. Resolución dos permisos de
ocupación da vía pública. E resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións da
normativa e das ordenanzas municipais.
A delegación de obras cubrirá o exercicio das competencias propias da Alcaldía na materia
que non se atopen delegadas na Xunta de Goberno Local.