O pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía no goberno municipal. Está integrado polos tenentes de alcalde, concelleiros e presidido pola Alcaldía, tenente de alcalde ou concelleiro no que delegue. Controla e fiscaliza os órganos de goberno, exerce a potestade regulamentaria a orzamentaria e demais atribucións que lle outorgan as leis.

As sesións do pleno poderán ser ordinarias, extraordinarias e urxentes. O pleno realizará sesións ordinarias unha vez ao mes e extraordinarias cando sexan convocadas con este carácter pola Presidencia, ben a iniciativa propia, ben a solicitude dunha cuarta parte do número legal de membros da Corporación. As sesións extraordinarias e urxentes cando sexan convocadas con tal carácter pola Presidencia, nos supostos en que, por razóns motivadas, non se poida convocar a sesión coa antelación requirida.

O pleno do Concello do Carballiño está formado por 17 concelleiros e concelleiras elixidos democraticamente e estes, á súa vez, elixen ao alcalde ou alcaldesa a quen lle corresponde a Presidencia que poderá delegar, cando o estime oportuno, nun dos concelleiros ou concelleiras. 

A súa composición, para o mandato 2019-2023, é a seguinte:

Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE

  • Francisco José Fumega Piñeiro
  • Jose Manuel Dacal Fernández
  • Maria Rita Soto Vázquez
  • Manuel Sotelo Vila
  • Silvia Baranda Fernández
  • Diego Fernández Nogueira
  • Guadalupe Sobrado Pérez
  • Rosa María Fuentes García.
  • Rogelio Antonio Otero Fuentes

Partido Popular PP

  • Ricardo José Perea Fernández
  • Celso Carballal Gómez
  • María Pilar Caride
  • Lidya Giselle Almonte Polanco

 

 Espazo Común ESCO

  • Manuel Vázquez Fernández
  • Érika Paz Rodríguez
  • Adolfo Nogueira Campo

 

Bloque Nacionalista Galego BNG

  • Sofía García Hermida