A Xunta de Goberno Local é o órgano que, baixo a presidencia do alcalde, colabora de xeito colexiado na función de dirección política que a este lle corresponde exercendo as funcións executivas e administrativas que se sinalan no artigo 127 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do réxime local.

O número de membros da Xunta de Goberno Local non poderá exceder dun terzo do número legal de membros do pleno ademais do alcalde, quen os nomea ou separa libremente.

A Secretaría da Xunta de Goberno terá as funcións da redacción das actas e certificación dos acordos adoptados.

A Xunta de Goberno Local responde politicamente perante o Pleno da súa xestión de forma solidaria, sen prexuízo da responsabilidade directa de cada un dos seus membros pola súa xestión.

As deliberacións da Xunta de Goberno Local son secretas.

Membros da Xunta de Goberno Local:

  • FRANCISCO JOSÉ FUMEGA PIÑEIRO (Alcalde)
  • JOSE MANUEL DACAL FERNANDEZ
  • MARIA RITA SOTO VÁZQUEZ
  • ROSA MARIA FUENTES GARCIA
  • ROGELIO ANTONIO OTERO FUENTES

NORMATIVA DECRETO 2019-1189