Presentación do libro “Cento doce viaxes na miña terra”, de Xoán Colazo Pazó. Será o xoves, 23 de maio, ás 20:00 h en OZOCOgz.
Unha publicación de Sermos Galiza coa que viaxar e coñecer este país sexa algo moi doado.
Acompañando ao autor vai estar Jose Luis Rodríguez Jácome, un gran coñecedor dos vieiros do noso país. Rodríguez Jácome é presidente das asociacións de camiñantes “Roteiros de Lalín” e “Viarum Dezae”.