logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
    • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Final das clases do curso 2019/20 no conservatorio e escola de música, e prazos de matrícula para o próximo curso
Xuño 2, 2020
O concello ultima o proxecto para trasladar a aula de informática Cemit á casa da cultura
Xuño 4, 2020
Xuño 4, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

Prosigue o plan de mellora de infraestruturas urbanas coa reforma das rúas Branco Amor e Eusebio Lorenzo



Prosegue o plan de mellora de infraestruturas urbanas coa reforma das rúas Branco Amor e Eusebio Lorenzo

Cun orzamento de licitación de 108.207 euros, e un orzamento de adxudicación de 79.327 euros, deron comezo esta semana os proxectos de reforma das rúas Eduardo Branco Amor e Eusebio Lorenzo, que se enmarcan no plan de mellora de infraestruturas viarias do centro urbano e do rural do Carballiño.

Os proxectos conlevan a renovación da canalización da rede de abastecemento e saneamento, así como beirarrúas e asfaltado en quente.

Hai unhas semanas comezaron tamén as obras da rúa Saleta, que conlevan novo asfaltado, reposición da rede de abastecemento e saneamento, beirarrúa e iluminación led. Estas obras, xunto coas que se realizan nas rúas Magdalena, Solaina e San Benito, supoñerán unha mellora significativa dos viais deste barrio, cuxo estado era moi deficiente.

Trátase da primeira fase dun plan de mellora de infraestruturas viarias do centro urbano e do rural do Carballiño, que afecta a máis de vinte cales e que financia o concello con cargo ao superávit do ano 2018, por un importe global de 600.000 euros.

Ademais desta primeira fase do plan, está revisto reformar as rúas Baleares, Rioxa, País Vasco, Navarra, Aragón, Extramadura, Madrid e Cataluña, así como as rúas Beariz, Boborás, Leiro, Maside, Punxín e San Amaro; e tamén a iluminación con led entre Ou Torrón e As Caldas de Partovia.

Finalmente, contémplase a renovación do saneamento da Baixada a Flores e cálea Azucena, así como a ampliación da rotonda de Flores, en Aquilino Sánchez.

Share

Entradas relacionadas

Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Saber máis
Outubro 27, 2021

Escola Municipal de Danza e Teatro


Saber máis
Maio 12, 2021

Bo día familia y Divertiño. Aberto plazo de inscrición.


Saber máis

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page