A película española de animación “La Gallina Turuleca”, na que poñen as voces dos protagonistas os humoristas Eva Hache e José Mota, será a segunda sesión que se programe no ciclo de cine na rúa, que ten lugar os xoves, ás 22,30 h., na Praza Maior.
Trátase dunha coproducción internacional entre España e Arxentina, e que está nominada a Mellor película de animación nos Premios Quirino 2020, principal galardón do cine de animación iberoamericano.
Baseada na protagonista da canción “La Gallina Turuleca”, que popularizaron Los Payasos de la Tele, é unha comedia de animación dirixida ao público infantil e familiar, que ten unha duración de 80 minutos.
A proxección, que conta co patrocinio da Deputación Provincial de Ourense, será este xoves, 30 de xullo, ás 22,30 h., na Praza Maior, con entrada libre e aforo limitado, sendo obligatorio o uso de mascarilla e o lavado de mans con xel hidroalcólico.