Punto de Información Catastral

 
Os Puntos de Información Catastral (PIC) son oficinas autorizadas pola Dirección Xeral de Catastro en distintas Organizacións Públicas e Institucións, fundamentalmente en Concellos, onde os cidadáns poden acceder á información catastral.
Os Puntos de Información Catastral prestan os seguintes servizos:
A calquera cidadán:
  • Consulta e certificación de datos catastrais non protexidos.
Aos titulares catastrais ou aos seus representantes debidamente autorizados:
  • Certificación da circunstancia de non figurar como titular catastral.
  • Consulta e certificación de datos catastrais protexidos (nome, apelidos, razón, social, NIF, CIF, domicilio e valor catastral) e non protexidos relativos aos inmobles da súa titularidade.
  • Horario de atención ao público: de 09:00 a 11:00 horas, de luns a venres.
  • Localización: Praza Maior, 1 (oficinas municipais).
 
 

TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS POLO PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL (PIC) DO CONCELLO DO CARBALLIÑO


Artigo 6º. Tarifas
  • Certificado descritivo e gráfico con especificacións de linderos: 4,00€.
  • Certificado de relación de bens: 3,00€.
  • Outros certificados e documentos: 2,50€.
Faga click aquí para visitar a Sede Electrónica do Catastro