O concelleiro de Seguridade, Tráfico e Policía Local, Manuel Sotelo, convoca este xoves, 12 de marzo, a unha reunión aos veciños de Flores, co obxectivo de informar sobre o control do aceso de vehículos ao barrio.
Na reunión, que terá lugar ás 19,00 h., no salón de plenos do concello, informarase sobre os bolardos mecánicos e as condicións de autorización de mandos e tarxetas de estacionamento restrinxido.