Roberto Sobrado Grupo actuará este xoves en OZOCOgz
O 25 de abril deste 2024 conmemóranse, nada máis e nada menos, que 50 anos do acontecemento quizais máis importante da historia recente de Portugal, o levantamento do 25 de Abril ou Revolución dos Caraveis (en portugués a Revolução dos Cravos), un episodio que foi quen de derrubar nun só día e sen violencia o réxime ditatorial que oprimía o país dende 1926.
Para lembrar esta data tan importante, non só para Portugal, este vindeiro xoves 25 teremos na nosa tenda proxeccións, poesía e música, a ver se somos quen de cantar entre todas e todos o Grândola Vila Morena, a canción de Zeca Afonso que acabou converténdose nun símbolo de liberdade e fraternidade.
Ademais vai estar con todas e todos nós Roberto F. Sobrado quen ven de estrear traballo discográfico coa súa banda Roberto Sobrado Grupo. Vai tocarnos algúns temas de MONSTRO DELICADO e asinará CDs a todo aquel ou aquela que o merque ese día.