SINOPSE
Segundo espectáculo de Pedras de cartón baseado nun texto de Cervantes, un dos máis
coñecidos da literatura española, para contalo en clave de comedia. Cunha estética inspirada
no pallaso clásico e en clave de clown, traballa as escenas máis icónicas da novela, da relación
antagónica entre Quixote e o seu fiel escudeiro Sancho. Unha proposta chea de humor e case
sen palabras na que Don Quixote viaxa polas terras de Castela no seu velocípedo acompañado
do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.