logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Saúdo do alcalde
    • Organización municipal
      • Alcaldía
      • Tenencias da alcaldía
      • Órganos colexiados
        • Xunta de Goberno Local (XGL)
        • O Pleno
      • Áreas de goberno
    • Grupos Políticos
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Prosigue este xoves o Ciclo de Cine na rúa coa película infantil e familiar de animación “La Gallina Turuleca”
Xullo 28, 2020
Talía Teatro trae este venres ao anfiteatro de Veracruz o espectáculo infantil e familiar “Voa, voa”
Xullo 30, 2020
Xullo 29, 2020
Categorías
  • Concello
Etiquetas
 

Trinta e nove locais hostaleiros participan nas xornadas gastronómicas do pulpo, que se celebran do 3 ao 9 de agosto



Trinta e nove locais hostaleiros participan nas xornadas gastronómicas do pulpo, que se celebran do 3 ao 9 de agosto

As Xornadas Gastronómicas do Pulpo, que se celebrarán do 3 ao 9 de agosto, contarán coa participación de trinta e nove locais hostaleiros, dos cales vintecatro ofrecerán pulpo durante toda a semana, e quince máis o farán o sábado e o domingo, días 8 e 9. Así mesmo, o domingo 9 haberá uns vinte postos de venda de pulpo nas rúas e prazas da vila.

Este evento foi presentado hoxe, xunto co cartel, polos concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente.

Manuel Dacal dixo que o obxectivo era ofrecer a posibilidade de degustar o plato máis característico da gastronomía carballiñesa, como é o pulpo á feira, dun xeito totalmente seguro tanto para os visitantes como para os veciños, e por eso non ía haber ningún tipo de acto oficial nin concentracións de xente, senón que se trata de dinamizar o comercio e a hostalería local con todas as garantías de cumprimento da normativa polo covid 19.

Así, recoméndase reservar calquera día da semana nalgún dos establecementos hostaleiros que participan nestas xornadas, para xantar e disfrutar dun tempo de lecer no Carballiño.

Manuel Dacal destacou a calidade do cartel deseñado pola carballiñesa Ari Quintas, que xa realizou os carteis da Festa do Pulpo dos dous últimos anos, e que plasma con moita beleza plástica o verdadeiro significado desta tradición e celebración gastronómica do Carballiño. Por isto, expresou o seu agradecemento.

E tamén agradeceu a colaboración das entidades e empresas patrocinadoras, como o Inorde e a Deputación Provincial de Ourense, a Xunta de Galicia, Abanca, Gadis, Aceites Abril, Estrella de Galicia, Adega Pazo Tizón, Destilería Paniagua, Cer&Ber, Aparthotel Arenteiro e Aquanatura.

Diego Fernández referiuse ao programa cultural que antecede ás xornadas gastronómicas, e que se desenvolverá durante esta fin de semana, con actividades infantís e familiares e para todo tipo de público, que terán lugar no anfiteatro da Veracruz e na Praza Maior.

Así, destacou o xoves, 30, a proxección da película de animación La Gallina Turuleca, e o xoves 6 de agosto a película Los Miserables; o venres, 31, o espectáculo infantil Voa, voa, e o festival de música folk con dous concertos de Caldo e Isidro Vidal; o sábado, 1 de agosto, actuación do pallaso Peter Punk e do Mago Teto; e o domingo, Os monicreques do Kukas e o concerto infantil de Xoán Curiel.

Diego Fernández destacou o bo comportamento do público nos actos culturais que se teñen celebrado ata agora, e expresou o seu desexo de que se poda continuar na mesma línea, dinamizando a vida cultural do Carballiño cumprindo a normativa de separación e seguridade polo coronavirus.

Locais participantes nas xornadas gastronómicas do pulpo

Do 3 ao 9 de agosto

Restaurante Teléfono
R.DERBY 988 270 043
R.ESCLAVO 988 270 495
R.LA CUBANA 988 270 831
PULPERA CARRAL 988 603 995
R.O PITUXO 988 270 847
R.A MAQUÍA 988 272 211
PULPERA O CARBALLIÑO 988 273 841
RESTAURANTE DO XOSE 988 274 571
MESON PAZO DE OUTEIRO 988 616 724
R. FUCHELA 988 274 618
LECER 988 531 067
PARRILLADA SAN ANDRES 698 191 791
ASADOR VERACRUZ 988 611 896
COMONACASA 988 616 803
PLAZA 617 011 121
PARRILADA OS AMIGOS 629 858 358
PATIO BAR ERNESTO 609 817 591
RIQUIRMO 671 832 564
MESON DA CASA 629 874 296
GAZPARA 988 098 361
BACCUS 988 273 226
O POTE 988 270 043
SOLDADO 988 530 370
O XARDIN 676 393 300
VENTURA PASTA Y PIZZA 988 545 996

LOCAISS PARTICIPANTES SÁBADO E DOMINGO

Do 8 ao 9 de agosto

Restaurante Teléfono
MESON O NOSO LAR 602 928 392
RORAIMA 988 274 869
SOLAINA 627 522 694
GAUCHO 988 616 660
ALAMOS 988 272 821
GELO 687 294 201
A COMARCA 629 447 581
DON PACO 988 103 178
OS PORTALES 988 270 433
LERIDA 988 274 203
A KLA-B 988 043 598
PARRILLADA CONDE 988 274 329
CACHO PIZZA 988 274 300
ESTATE QUIETO 670 698 954
ALECRIN 988 270 538
FASS 988 27 0225
LITTLE GALICIA 670 825 090
PEÑASCO 988 270 046
BODEGON O PAZO 988 606 747
A BODEGUILLA 676 109 013
ARRANCADEIRA 666 455 461
CASA CORNIN 686 800 397
Share

Entradas relacionadas

Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Saber máis
Outubro 27, 2021

Escola Municipal de Danza e Teatro


Saber máis
Maio 12, 2021

Bo día familia y Divertiño. Aberto plazo de inscrición.


Saber máis

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page