Conservatorio profesional de música

Dirección: Praza Maior 1
32500 O Carballiño (Ourense)

Publicado: 27 xaneiro 2021

SUSPENSIÓN DAS CLASES PRESENCIAIS NO CENTRO


Estimadas familias,
Comunicámoslles que, desde o 27 de xaneiro e ata o 17 de febreiro, suspéndense as clases presenciais no Conservatorio e Escola de Música do Concello do Carballiño (Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro ).
O alumnado recibirá as clases telemáticamente cos medios dispoñibles.
Para calquera cuestión queda todo o equipo directivo ao seu dispoñer.
Un saúdo,

Publicado: 23 agosto 2020

COMEZO DO CURSO


Información sobre o inicio do curso:
Protocolo de chamamento de horarios no curso 2020/2021 [ GL]
Resumo do plan de adaptación [ GL]
Horario curso 2020/2021 [ GL]

Publicado: 12 agosto 2020

EXAMES EXTRAORDINARIAS SETEMBRO 2020 PROBAS DE ACCESO A 1º DE ELEMENTAL


E PROBAS OUTROS CURSOS DISTINTOS AO 1º.
Profesor Especialidad Hora del examen Día
Alfonso PIANO, RTA GP. 16:00 1 (martes)
Carlos LINGUAXE MUSICAL GE.
LINGUAXE MUSICAL GP. BOMBARDINO GP.
MÚSICA DE CÁMARA
16:00
17:00
18:00
1 (martes)
Miguel MÚSICA DE CÁMARA GUITARRA 16:00 1 (martes)
Juan Antonio PIANO GP 17:00 1 (martes)
Sabela VIOLÍN
MÚSICA DE CÁMARA
17:00
18:30
1 (martes)

PROBAS DE ACCESO A 1º DE ELEMENTAL

E PROBAS OUTROS CURSOS DISTINTOS Ao 1º.
HORA DEL PRUEBA DÍA
PROBAS OTROS CURSOS DISTINTOS AO 1º 16:00 4 (vernes)
PROBAS DE ACCESO A 1º DE ELEMENTAL. 17:00 4 (vernes)

Publicado: 19 maio 2020

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DO CARBALLIÑO


Prazas vacantes a 1º Grao Elemental e 1º Grao Profesional para ou curso académico 2020/2021.
ESPECIALIDADE 1º Grao Elemental 1º Grao Profesional
Canto - 2
Clarinete 4 3
Frauta 3 3
Guitarra 3 2
Percusión - 2
Piano 3 4
Saxofón 3 3
Trombón 3 3
Trompeta 3 3
Tuba 3 3
Violín 1 1
Total 26 29
As datas para realización das probas están por determinar; serán cando as autoridades competentes o permitan.

Publicado: 12 maio 2020

CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DO CARBALLIÑO


ESCOLA DE MÚSICA DO CARBALLIÑO

Benvidos á paxina Web do Concello do Carballiño, neste apartado dedicado ao Conservatorio Profesional de Música do Carballiño (CMUS) e Escola de Musica do Carballiño (ESMU).
A través deste espazo na Web do concello tanto o Conservatorio como a Escola quere pór á súa disposición información referente a cuestións académicas (probas de acceso, calendario escolar, etc…) como administrativas (matrículas, prazos, etc.) relativas aos centros (CMUS/ESMU), que fan do Carballiño un lugar a prol da cultura e da educación musical.


CIRCULAR INFORMATIVA


Estimadas familias,
Agardamos que continúen ben xunto cos seus.
Dada a situación de incerteza que nos embarga nestes últimos meses e próximo o fin de curso sen ter aínda, os conservatorios de música de Galicia, as instrucións específicas ao respecto, dende a dirección do conservatorio trasladámoslles a seguinte información:

  1. Remate do curso escolar 2019/2020: Segundo o indicado no R.D.463/2020, na Orde EFP/363/2020 e nas Instrucións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, o calendario escolar debe manterse como está indicado na Orde do 20 de xuño de 2019, onde se fixa o remate das clases no centro.
    Ese calendario esta fixado co final das actividades lectivas para 6º GP e 2º de bacharelato o día 29 de maio e para o resto do alumnado o día 5 de xuño, tanto para o (CMUS) Conservatorio de Música como para a (ESMU) Escola de Música. Dada a excepcionalidade deste curso o profesorado estará dispoñible para clases titoriais individuais durante o mes de xuño, tanto para CMUS como ESMU, sempre e cando as autoridades sanitarias o permitan.
  2. Probas de acceso: Nestas Instrucións do 27 de abril de 2020 tamén está previsto que se concreten as datas para a realización das probas de acceso ao 1º curso de Grao Elemental e ao 1º curso de Grao Profesional; as ditas probas, se as autoridades competentes o permiten, realizaranse na última semana xuño. De poder levalas a cabo desenvolveranse nunhas condicións específicas, que determinará a propia Consellería para esta convocatoria excepcional, e os centros organizaremos os accesos coa debida garantía e protección tanto para os/as aspirantes como para o profesorado.
  3. O alumnado que teña que realizar probas extraordinarias por mor da perda da avaliación continua (PAC) será convocado con 10 días de antelación. Este exame extraordinario realizarase en xuño, e desenvolverase nunhas condicións específicas, coa debida garantía e protección tanto para o alumnado como para o profesorado.
  4. Matrículas: En breve iremos publicando as datas para a realización da matricula do alumnado, nesta mesma paxina do concello, así mesmo publicaremos as vacantes propostas para o curso 2020/2021 para 1º de Grao Profesional e 1º de Grao Elemental. Tamén iremos publicando as datas para a preinscrición para a Escola de Música relativas ao curso 2020/2021, así como período de matriculación.
  5. Pregamos a maior tranquilidade posible nestes momentos tan difíciles para todos, agardar con paciencia as instrucións correspondentes e ante calquera dúbida contactar directamente coa dirección do centro.
Un saludo afectuoso.

Carballiño, 12 de maio de 2020
A directora.
Celia Salceda