Un ano máis a Concellería de Benestar Social convoca os programas municipais de
conciliación familiar que promoven a mellora na corresponsabilidade para acadar un mellor
equilibrio na esfera profesional, persoal e familiar dos seus membros.
O día 24 de xuño dará comezo o DIVERTIÑO 24 no que se realizarán diferentes actividades
lúdicas en horario de mañá de 7.30 ás 14.00 h durante o periodo vacacional do verán,
acabando o 10 de setembro.
Pola súa banda, no comezo do curso escolar 24/25 o día 11 de setembro activarase o BDF
24/25 cos servizos de acollida, gardería e lecer durante as horas previas e posteriores á
xornada escolar. O horario será de mañá dende as 7.30 ata inicio de xornada escolar e en
horario de tarde dende as 14:00h ata as 19:00horas.
Así mesmo darase o servizo de conciliación durante os periodos non lectivos e non festivos
de Nadal, Entroido e Semana Santa en horario de mañá de 7:30 ás 14:00h.
Ambos programas contarán co servizo de almorzo a partir das 8.00 horas.
Os requisitos para poder solicitar a participación nos programas son: os participantes serán
menores con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos escolarizados nalgún centro
educativo do Concello do Carballiño e estar empadroados no mesmo.
O prazo de inscrición de DIVERTIÑO 24 e BO DÍA FAMILIA 24/25, comezará o día 6
de maio e rematará o día 20 de maio de 2024.
As familias interesadas poden completar a información e recoller os formularios de
inscrición na páxina web municipal www.carballino.gal (no apartado de taboleiro de
anuncios) ou ben nas dependencias de servizos sociais municipais situados na rúa Faustino
Santalices, 10 baixo. Tefno.: 988 531 076