PEPA PLANA (Valls, Tarragona, 1959).Premio Nacional de Circo 2022.Actriz e pallasa catalá, é a alma e directora artística da compañía que leva o seu nome. A Cía. PepaPlana é un referente nacional no xénero pola calidade dos seus espectáculos e pola súa
contribución na visualización das pallasas, destacando como unha das figuras europeas.
Pepa Plana provén do mundo da interpretación, licenciada no Instituto do Teatro de Barcelona
1989, que despois dos seus primeiros pasos fundou a compañía Pretérito Perfecto coa que crearon
e xiraron con tres espectáculos.
E non foi ata 1998 que deu o paso definitivo a crear a súa propia compañía cunha clara intención
de facer teatro de pallasos pensado para un público adulto e é así como estreou e xirou dez
espectáculos.
Moitos dos seu espectáculos xiraron ademais por todo España, tamén Europa e América Latina conasiduidade.
Xunto co recoñecemento do público foi galardoada con numerosos premios, onde destacariamos o
Premio Nacional de Cultura 2014 outorgado pola Generalitat de Cataluña e o Premio Nacional deCirco 2022, outorgado polo Ministerio de Cultura.
Todo isto fixo que Pepa Plana sexa a pallasa catalá máis recoñecida e que cada novo proxecto se
espere con expectación.
Pepa Plana foi tamén a directora artística do Festival Internacional de Pallaso de Andorra, absoluto
referente do xénero, de carácter bienal, desde a primeira edición, en 2001 ata a última en 2009. Een maio de 2018, volve este festival nun formato moito máis reducido, de carácter anual, e coavontade de recuperar aos poucos a importancia que tivo, dirixido tamén por Pepa Plana.