Espectáculo teatral “Misaclown”, coa entrada de balde, hoxe sábado ás 20.30 h no auditorio, co actor e director carballiñés Jouse García, dentro da Rede de auditorios da provincia de Ourense (reaOU).
Duración: 55 min.
Público: a partir dos 12 anos.
“Misaclown” é un espectáculo de teatro que utiliza a técnica do clown para ofrecer unha
experiencia divertida e única ao redor da Misa.
A través da linguaxe do clown, a obra explora
de maneira cómica e sen intención de provocar polémica, a forma en que un clown comprende
e experimenta a relixión.
O espectáculo non se basea na parodia ou a crítica, senón no enfoque lúdico e torpe do clown
ao asumir o papel dun sacerdote.
Con humor e tenrura, móstranse os fracasos e as peripecias
que ocorren cando o clown tenta entender e levar a cabo cada unha das partes da liturxia. A
través da torpeza e a inxenuidade, revélase unha visión singular da relixión e os seus rituais.
“Misaclown” convida o público a rirse e gozar de situacións cómicas mentres se exploran
temas relacionados coa fe, a liturxia e a espiritualidade desde unha perspectiva clownesca. É
un espectáculo que pretende entreter e brindar unha experiencia teatral divertida e peculiar,