O servizo de conserxería dos centros de ensino públicos do Carballiño quedará completamente cuberto ata o remate do actual curso escolar, tra-la incorporación de dous traballadores. Éstes ocuparán ata o vindeiro mes de xuño as dúas prazas de conserxe nos edificios do colexio Calvo Sotelo e do Campo da Feira que quedaran vacantes recentemente pola situación de baixa laboral dos seus titulares. As xestións foron realizadas dende diferentes Concellarías do Concello, garantindo deste xeito a continuidade deste servizo de colaboración que presta o Concello do Carballiño aos centros escolares.